Do 12 ao 17 de xuño poderase visitar no Cenima, en Foz, a exposición dos traballos do I Premio Juan Puchades Quilis.

Mañá, 12 de xuño, ás 18:00 horas no CENIMA de Foz, terá lugar a inauguración da exposición dos centros escolares da Mariña que participaron no I Premio Juan Puchades Quilis, patrocinado polo Concello de Mondoñedo.

Esta exposición é a terceira das actividades programadas pola asociación Tá en Artes en homenaxe ao escultor mindoniense. Máis de 720 alumnos/as e 31 profesores/as levan traballando todo o curso partindo da idea da Escultura como referencia, e o patrimonio como resultado, a partires da figura de Juan Puchades Quilis.

Esta mostra presenta máis de 72 esculturas dos once centros escolares da Mariña. Permanecerá no CENIMA de Foz ata o 17 de xuño, e poderá visitarse en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 19:00 a 21:00 h.

Na clausura da exposición entregaranse os premios do 1º Certame de Arte Plástica Juan Puchades Quilis repartidos para os catro niveis de ensino: Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

Os centros participantes nesta mostra son: ASPANANE de Viveiro, EEI San Roque de Viveiro, IES Vilar Ponte de Viveiro, CEIP Plurilíngüe Vista Alegre de Burela, IES Monte Castelo de Burela, CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, IES San Rosendo de Mondoñedo, CEIP Fondo Nois de Foz, IES de Foz, IES Dionisio Gamallo Fierro de Ribadeo, e IES Alfoz-Valadouro.