Chóferes
O deputado provincial de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, visitou este mércores o Campo da Festa de San Pedro de Mor, en Alfoz, onde mantivo un encontro coa directiva da Asociación Cultural Xuvenil O Castelo para coñecer de primeira man os preparativos dunha cita “fundamental” para este municipio: a Festa dos Choferes, que este ano acada a súa 60ª edición. Anunciouno a Deputación de Lugo, que tamén explica que “a achega provincial, comprometida para esta edición, supera os 9.000 euros e servirá para a contratación de grupos musicais; a edición do libro conmemorativo do 60 aniversario, que recolle textos, testemuños e a evolución cronolóxica da festa a través de imaxes e relatos das edicións pasadas; o servizo preventivo de ambulancia; e unha exposición fotográfica retrospectiva ao aire libre que amosa o cambio xeracional da festa ao longo das súas seis décadas...
leer másO delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da Festa dos Chóferes de Alfoz do Castrodouro, que este ano cumpre o seu 60 aniversario. Celebrarase desde este xoves, 30 de xullo, ata o domingo, 2 de agosto, está organizada pola asociación cultural xuvenil O Castelo e conta co apoio do goberno galego.
Villares destacou “a traxectoria e a proxección” da cita e felicitou “á veciñanza, que a mantivo viva xeración tras xeración ata convertela en parte da súa identidade e nun recurso que promove o turismo no municipio”.
A Xunta de Galicia destaca que “o acto principal desenvólvese na mañá do domingo, 2 de agosto -a partir das 12:00 horas-, coa procesión de vehículos polas parroquias, misa e bendición dos coches, e a entrega de premios aos mellores de cada categoría. A organización...
leer másA Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza un ano máis a Festa dos Chóferes de Alfoz, que se celebrará esta fin de semana –do venres 1 ao domingo 3 de agosto e conta co apoio da Xunta de Galicia. Este mércores presentaron a programación nun acto no que participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Os actos centrais terán lugar o domingo. Ás 11:00 horas comezará a procesión polas parroquias do municipio dos vehículos participantes, que posteriormente serán bendicidos; outorgaranse premios aos mellores de cada categoría.
O programa inclúe verbenas todas as noites desde o venres, e sesión vermú o sábado e o domingo. Haberá unha zona de acampada e carpa con mesas e toma de corrente eléctrica para os que queiran desfrutar alí dos tres días de festa.
O venres na...
leer másA Xunta apoia a Festa dos Chóferes de Alfoz, que se celebra esta fin de semana – do venres 2 ao domingo 4 de agosto - organizada un ano máis pola asociación cultural e xuvenil O Castelo.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación das actividades, que comezan mañá venres a partir das 23,00 horas coa actuación da orquestra New York e unha discoteca móbil. O sábado as formacións Stéreo e Miramar tocarán nas verbenas que haberá pola mañá e pola noite. Pola tarde o campo a festa acollerá xogos populares.
Por último, o domingo día 4 terá lugar a tradicional procesión de vehículos polas parroquias de Alfoz – 11,00 horas - ; e haberá animación musical co grupo Montreal, entre outras actividades.
Os días 2,3 e 4 de agosto Alfoz celebra a tradicional Festa dos Chófers. Durante tres días os asistentes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades, música e celebracións.
O venres, 2 de agosto, a partir das 23:00 horas comezará a verbena coa discoteca móbil Eventec e a orquesta New York.
O sábado, 3 de agosto, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne, seguida da sesión vermú coa orquesta Stereo. A partir das 23:00 horas a festa contará coas actuacións das orquestras Stereo e Miramar.
O domingo, 4 de agosto, ás 11:00 celebrarase a procesión de vehículos polas parroquias do concello. Ás 13:00 horas haberá misa seguida pola bendición de vehículos, con premios para os mellores de cada categoría. Posteriormente, terá lugar a sesión vermú co grupo Montreal e, para rematar, a verbena...
leer másA Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza a Festa dos Choferes 2021 que se celebrará os días 3, 4 e 5 de setembro.
O venres a partir das 22:30 horas haberá verbena co grupo Montreal.
O sábado 4 ás 13:30 horas celebrarase unha misa; a partir das 14:00 horas sesión vermú co Dúo Epo-K; e ás 21:00 horas dará comezo a verbena coa orquestra La Oca Band e Discoteca Eventec.
O domingo 5 ás 11:00 horas empezará a procesión de vehículos polas parroquias do concello; ás 13:30 horas haberá misa seguida da bendición dos vehículos e sesión vermú a cargo do Grupo Lume.
Todos os días haberá polvo á feira, xamón cocido e churrasco.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.
... leer másOs días 30 e 31 de xullo e o 1 de agosto celebrarase en Alfoz a Festa dos Choferes, na honra a San Cristóbal, que organiza a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.
O colectivo sinala que “ao longo da semana irémosvos desvelando todo o que xa temos preparado. Por suposto, levaranse a cabo as medidas oportunas para a non propagación da Covid-19. Esperámosvos a todos!”.










