Do 29 ao 31 de xullo celébrase en Alfoz a Festa dos Chóferes cun amplo programa de actividades. O evento cumpre medio século de vida.

Do 29 ao 31 de xullo celébrase en Alfoz a Festa dos Chóferes cun amplo programa de actividades. O evento cumpre medio século de vida.
 
O venres, 29 de xullo, dará comezo a Festa dos Chóferes en Alfoz, que chega ao seu 50 aniversario. Ás 23:00 horas principiará a verbena amenizada polo grupo Nebraska e Disco-Móvil.
 
O sábado, 30 de xullo, ás 14:00 horas comezará a sesión vermú amenizada por Abanico. Pola tarde a partir das 18:00 horas actuará o cuarteto Non cho digo da Asociación Foles de Viveiro. Para as 23:00 horas está prevista a verbena amenizada polas orquestras Abanico e Acordes e ás 24:00 horas haberá fogos de artificio.
 
Xa o domingo, 31 de xullo, ás 11:00 horas terá lugar a procesión de vehículos polas parroquias do concello. Ás 13:00 horas celebrarase a misa e a bendición de coches e demais vehículos con agasallos para todos os participantes e premios aos mellor engalanados. Ás 14:30 horas haberá sesión vermú amenizada por Los Players e ás 18:00 horas terán lugar xogos tradicionais e pintacaras e o torneo de fútbol San Cristóbal no campo municipal. Ás 20:00 horas actuará o grupo de baile Amado Lar en Ferreira e ás 23:00 horas comezará a verbena amenizada por Los Players.
 
A organización pon a disposición dos asistentes 1.200 metros cadrados de mesas cubertas con toma de corrente eléctrica e 4.000 metros cadrados de acampada libre. Haberá premios para o camión, o coche e a moto mellor engalanados.