A Festa dos Choferes, en Alfoz, terá lugar do 3 ao 5 de setembro. Haberá desfile, música e gastronomía.

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza a Festa dos Choferes 2021 que se celebrará os días 3, 4 e 5 de setembro.

O venres  a partir das 22:30 horas haberá verbena co grupo Montreal.

O sábado 4 ás 13:30 horas celebrarase unha misa; a partir das 14:00 horas sesión vermú co Dúo Epo-K; e ás 21:00 horas dará comezo a verbena coa orquestra La Oca Band e Discoteca Eventec.

O domingo 5 ás 11:00 horas empezará a procesión de vehículos polas parroquias do concello; ás 13:30 horas haberá misa seguida da bendición dos vehículos e sesión vermú a cargo do Grupo Lume.

Todos os días haberá polvo á feira, xamón cocido e churrasco.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.