Troita
O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, xunto ao Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, e o Presidente do Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), Francisco Javier Rois Freijo, así como de pescadores e hostaleiros, presentou este xoves a XXXIX Festa da Troita da Pontenova, que terá lugar os días 29, 30 e 1 de maio no municipio mariñán. O Goberno da Deputación vén apoiandonos últimos anos a organización deste evento, que recibiu no ano 2016 un investimento de3.400 euros. Do orzamento 2017, o Goberno destinará á Pontenova, no marco doPlan Único, 255.700 euros. E desta cantidade, o Concello achegará 3.000 euros para a Festa da Troita.
Campos Conde subliñou que “esta festa, que comezou no ano 1978 como un concurso de pesca organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas, tense convertido nun importante...
leer más