O 15 de febreiro terá lugar unha cea baile de San Valentín no Casino, en Mondoñedo. Está organizada por O Palique.

O Casino de Mondoñedo acollerá a celebración dunha cea baile o 15 de febreiro ás 22:30 horas. Está organizada por O Palique.

O menú especial do chef Xoel Martínez consistirá en: tosta de xamón ibérico con marmelada de tomate e cebola crocante; tosta de pementos, cogomelos e bacon; brocheta de peixe sapo, champiñón e langostino con salsa americana e guarnición de verduras; crocante de salmón con verduras de tempada; carrilleras de porco ibérico á laranxa con canela, polen e caviar de mel; e mousse de chocolate oscuro, esponxoso de chocolate branco, xeado de fresa e crocante de améndoa. Estes pratos estarán regados por Rioja Montaña Crianza e Monterey Triay Godello.

O prezo é de 40 euros por persoa e as interesadas deberán facer reserva, ata o 12 de febreiro, no número de teléfono 644 575 105.

A velada estará amenizada polo Dúo Carpe Diem e haberá sorteo de regalos.