Volei

Etiquetas:
16/05/2023

Súmate ao Volei, a actividade organizada polo Concello de Ribadeo e a Anpa O Esteo, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, foi un éxito. Debido á boa acollida prolongarase durante un mes máis, segundo deu a coñecer a concelleira de Ensino, Pilar Otero.

A edil ribadense explicou que “unha vez avaliados os resultados e os obxectivos acadados decidiuse estender a actividade un mes máis, xa que o grao de satisfacción é dificilmente superable”.

Desde a Anpa O Esteo comentaron que “durante os obradoiros que se celebraron,  a mocidade participante aprendeu, medrou e desfrutou a través desta disciplina deportiva. Creouse un espazo de lecer saudable, onde destacaron as accións humanizantes e inclusivas nas prácticas deportivas como cohesión e cooperación: valoración positiva do grupo e tolerancia cos erros d@s compañeir@s; e...

leer más
Etiquetas:
25/05/2022

O Pavillón da Veiga acollerá o VI Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” este próximo sábado 28 de maio.

O edil de Deportes, David Rodríguez, visitou ao alumnado e aos monitores desta disciplina que forma parte da oferta deportiva das Escolas Deportivas Municipais para presentar a competición “que pon punto e final a un curso excepcional” no que contamos coa participación de medio cento de mozos e mozas –sen ter en conta a categoría sénior que se integrou no C.D. San Ciprián e que sumou uns trinta rapaces/as máis-.

O edil aproveitou para felicitar ao equipo humano que dirixe os adestramentos que “son parte importante do éxito que tivo esta disciplina”, e que souberon contaxiar a súa paixón por este deporte aos/ás máis novos/as; sen dúbida é unha gran nova para Cervo  -engadiu- “que o deporte, en calquera das súas...

leer más
Etiquetas:
01/08/2019

O vindeiro luns, 5 de agosto, dará comezo na praia da Pasada de San Miguel de Reinante o curso infantil de volei-praia que o Colectivo Cultural Ollomao ofrece, de forma gratuíta, para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. Serán 5 sesións de dúas horas de duración, desde as 11,30 até as 13,30, e poderase asistir a calquera delas, independentemente de ter participado ou non nas anteriores. Así, o curso como tal darase por rematado o venres 9 de agosto e terá como broche final a disputa, nesa mesma fin de semana, do I Torneo Infantil Praia da Pasada (sábado 10) e do XVI Torneo (sénior) Praia da Pasada (domingo 11), ambos abertos á participación de calquera persoa interesada.

O volei-praia ten sido, nos últimos 30 anos, unha actividade representativa da praia da Pasada, exercendo como axente dinamizador e...

leer más
Etiquetas:
11/07/2016
Comezan as Noites Alternativas que se desenvolverán en Foz durante os meses de xullo e agosto. Terán lugar no Campo da Cabana e na praia da Rapadoira.
 
O Concello de Foz comeza hoxe, luns, o seu programa de noites deportivas que levará a cabo durante este mes de xullo e agosto a partir das dez da noite coa práctica de deportes como fútbol sala, fútbol praia, baloncesto e volei praia.
 
A concelleira de Xuventude e Deportes, Mercedes González Alonso, salienta que “un año más en Foz se ofrece la oportunidad de poder disfrutar de noches deportivas en las que se pueden practicar varios deportes: desde fútbol sala, fútbol playa a baloncesto pasando también por el volei playa. Estas jornadas se desarrollarán durante tres días en tres semanas de julio y agosto. Quien quiera participar puede inscribirse el mismo día a partir de las diez de la noche”.
... leer más