Ximnasia

Etiquetas:
27/10/2016
O 2 de novembro volve unha nova edición da ximnasia de mantemento ás parroquias ribadenses. A inscrición está aberta.
 
Do 2 de novembro ao 31 de maio desenvolverase unha nova edición da ximnasia de mantemento nas parroquias, que organiza o Concello ribadense. A inscrición está aberta e pode facerse cubrindo a ficha que os veciños e veciñas recibiron nos seus domicilios xunto á carta informativa que lles remitiron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, David Rivas, presentándoa na Casa da Xuventude ou ben entregándolla ao monitor correspondente en cada parroquia. 
 
Desde a Concellaría de Deportes lembran que “para que unha escola poida levarse adiante é preciso que conte cun mínimo de 5 alumn@s. Será preciso presentar un informe médico de conforme se pode realizar a actividade física da ximnasia de mantemento”. A cota mensual seguirá a ser de 15 euros. 
 
... leer más
30/09/2016
A asociación Salto do Coro organiza actividades de ximnasia de mantemento en Mondoñedo a partir do 4 de outubro.
 
A asociación deportiva Salto do Coro, de Mondoñedo, organiza actividades de ximnasia de mantemento, que comezarán o día 4 de outubro, martes.
 
Haberá un grupo de tonificación que desenvolverá a actividade os martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas no polideportivo. E un grupo de ximnasia suave que será os martes e venres de 10 a 11 horas na Casa da Xuventude.
 
Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 605.790.091 e falar con Raul.
 
Etiquetas:
26/10/2015
Un ano máis haberá ximnasia de mantemento nas parroquias de Ribadeo. Será do 17 de novembro ao 16 de maio. A inscrición está aberta.
 
Volve a ximnasia de mantemento ás parroquias de Ribadeo. Será do 17 de novembro ao 16 de maio. O prazo de inscrición ábrese hoxe, 26 de outubro, na Casa da Xuventude, tal e como informaron aos veciños e veciñas o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, David Rivas, a través da carta que lles remitiron.
Na misiva indican que “para confirmar a matrícula, deben cubrir a ficha que lles achegamos coa carta e entregala na Casa da Xuventude ou ao monitor correspondente en cada parroquia”. Rivas Peña lembra que “para que a escola se poida levar adiante é necesario que conte cun mínimo de 5 alumn@s”. E engade que “coma en anos anteriores será preciso presentar un informe médico de conforme se pode realizar a actividade física de...
leer más
Etiquetas:
07/10/2015
A Asociación de Amas de Casa de Ribadeo organiza cursos de ximnasia, pilates e zumba de outubro a xuño. Darán comezo a partir do día 19.
 
A Asociación Familiar de Amas de Casa de Ribadeo organiza cursos de ximnasia, pilates e zumba para as súas socias, actividades que comezarán a celebrarse este mesmo mes e que se prolongarán ata o mes de xuño.
As clases de Pilates serán os luns e os mércores de 19:15 a 20:25 horas; os martes e os xoves de 17:30 a 18:30 horas e de 18:30 a 19:30 horas. As prazas son limitadas a 20 socias por grupo. 
A ximnasia será os martes e xoves de 19:45 a 20:45 horas e as clases de zumba serán os luns e os mércores de 20:15 a 21:15 horas. 
Todas aquelas que desexen participar deben achegarse ao local social do colectivo, na Casa do Mar, entre o 13 e o 16 de outubro de 19 e as 20 horas.
 
Etiquetas:
22/05/2015
Este sábado, 23 de maio, ás cinco da tarde dará comezo o XXII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica.

 

Mañá, 23 de maio, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica, unha das competicións deportivas de rítmica con máis soleira da provincia de Lugo.  O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presenza de  7 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Begonte, a E. X.  Porta Norte de Burela/Ribadeo,  o C. Filigrana de Lugo, o C.X.R. Porta Norte de Viveiro e o C. Violeta de Baamonde.

 

Etiquetas:
10/04/2015
Trescentas ximnastas de toda Galicia participarán o 12 de abril no VI Torneo de Ximnasia Rítmica de Conxuntos Concello de Burela.
 
O Torneo de Ximnasia Rítmica de Conxuntos Concello de Burela volve a Vista Alegre este domingo, 12 de abril, coa sexta edición, baixo a organización da escola mariñá Porta Norte e coa colaboración da Fundación Imdecum e do Concello burelao. 
Un total de 300 ximnastas procedentes de clubs de toda Galicia amosarán as súas destrezas sobre o tapiz. A xornada dividirase entre a exhibición dos conxuntos de Promoción pola mañá, dende as 11.30 horas, e do nivel Escolar pola tarde, dende as 16.00 horas. 
A cita tamén contará coa presenza das 6 ximnastas de Porta Norte que representarán a provincia de Lugo no Campionato de España de Base, que se celebrará en Guadalajara entre o 24 e o 26 de abril.
 
13/11/2014
O Concello de Foz oferta 17 cursos en 8 parroquias do municipio para os vindeiros cinco meses.

O Concello de Foz iniciará este vindeiro luns, 17 de novembro, os seus cursos anuais de formación, que se desenvolverán na vila e nas parroquias do municipio durante os vindeiros cinco meses. Así o comunicou a concelleira de Servizos Sociais de Foz, Mercedes González, quen adiantou que o Concello ofertará un total de dezasete cursos en oito parroquias: San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e a vila de Foz. As actividades versarán sobre ximnasia, pilates, zumba, ballet, cestería, bordado, costura, pintura ou internet e terán un custo de 10 euros por mes excepto nos casos dos cursos de cestería, zumba e pilates, nos que o prezo ascende a 15 euros por mensualidade. Os interesados poden anotarse xa na Casa da...

leer más