Un ano máis haberá ximnasia de mantemento nas parroquias de Ribadeo. Será do 17 de novembro ao 16 de maio. A inscrición está aberta.

Un ano máis haberá ximnasia de mantemento nas parroquias de Ribadeo. Será do 17 de novembro ao 16 de maio. A inscrición está aberta.
 
Volve a ximnasia de mantemento ás parroquias de Ribadeo. Será do 17 de novembro ao 16 de maio. O prazo de inscrición ábrese hoxe, 26 de outubro, na Casa da Xuventude, tal e como informaron aos veciños e veciñas o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, David Rivas, a través da carta que lles remitiron.
Na misiva indican que “para confirmar a matrícula, deben cubrir a ficha que lles achegamos coa carta e entregala na Casa da Xuventude ou ao monitor correspondente en cada parroquia”. Rivas Peña lembra que “para que a escola se poida levar adiante é necesario que conte cun mínimo de 5 alumn@s”. E engade que “coma en anos anteriores será preciso presentar un informe médico de conforme se pode realizar a actividade física de ximnasia de mantemento”. 
A cota mensual seguirá a ser de 15 euros, agás nos meses de novembro e maio que será de 7,50 euros. 
Na Devesa as clases de ximnasia de mantemento serán os martes e os xoves de 16:30 a 17:30 horas. En Rinlo serán os mércores e o venres de 16:15 a 17:15 horas. En Vilaousende será os martes e os xoves de 17:45 a 18:45 horas. En Vilela os mércores e os venres de 17:30 a 18:30 horas. A ximnasia de mantemento chegará  a Ove os martes e os xoves de 19 a 20 horas; a Vilaselán os mércores e os venres de 18:45 a 19:45 horas e a Couxela os martes e os xoves de 20:15 a 21:15 horas. 
Suárez Barcia e Rivas Peña subliñan que “a ximnasia de mantemento chega ás parroquias, grazas á boa disposición de tod@s @s veciñ@s e ao éxito de participación que conseguimos desde o primeiro ano”.