Motonáutica

07/06/2018
O Concello de Cervo acollerá os vindeiros 23 e 24 de xuño o campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol térmico.
 
A cita desenvolverase no Encoro de Río Cobo, e está previsto que participen medio cento de embarcacións, da man dunha vintena de pilotos procedentes de Cantabria, Valencia, Castellón, Madrid, Andalucía e Galicia.
 
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, mantiveron un encontro na Sala de Xuntas do Concello co Presidente da Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, co Vicepresidente, Francisco José Pereira, co delegado da Federación na provincia de Lugo, José Soto e co piloto e árbitro Emilio Cadaveira, a fin de perfilar o evento deportivo do que Cervo será sede por terceira vez....
leer más
14/06/2017

O Concello de Cervo acollerá os vindeiros 24 e 25 de xuño o campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol térmico.

A cita desenvolverase no Encoro de Riocobo, e participarán unhas 35 lanchas procedentes de toda a xeografía española.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron o evento acompañados do representante da Federación Galega de Radiocontrol Térmico e único piloto galego que compite, Emilio Cadaveira, e do delegado provincial da federación, José Soto.

Tal e como sinalou Villares “xa é a segunda vez que Cervo acolle unha competición destas características, no 2015 xa fomos sede do Campionato de España de motonáutica por radiocontrol térmico, e cremos que é unha oportunidade para dinamizar e aproveitar dun xeito diferente o noso...

leer más
26/08/2015
O embalse de Riocobo, en Cervo, acollerá o Campionato de España de Motonáutica por Radiocontrol Térmico os días 5 e 6 de setembro.
 
O embalse de Riocobo acollerá o campionato de España de motonáutica por radiocontrol térmico os días 5 e 6 de setembro. Esta proba foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez; polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto Martínez; e polo representante da Federación Galega de Motonáutica José Soto Peña.
O concelleiro de Deportes cervense explicou que na competición participarán “lanchas cunha lonxitude aproximada duns 1,20 metros e que alcanzan ata os 120 quilómetros por hora. As probas distribúense en catro categorías: ata 3,5 centímetros cúbicos; de 3,6 a 7,5; de 7,6 a 15; e de 15,01 a 35. O número máximo de participantes por categoría non poderá ser superior a 15. Correranse tres mangas por categoría, das que puntuarán as dúas con mellores resultados...
leer más