O 2 de novembro volve unha nova edición da ximnasia de mantemento ás parroquias ribadenses. A inscrición está aberta.

O 2 de novembro volve unha nova edición da ximnasia de mantemento ás parroquias ribadenses. A inscrición está aberta.
 
Do 2 de novembro ao 31 de maio desenvolverase unha nova edición da ximnasia de mantemento nas parroquias, que organiza o Concello ribadense. A inscrición está aberta e pode facerse cubrindo a ficha que os veciños e veciñas recibiron nos seus domicilios xunto á carta informativa que lles remitiron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, David Rivas, presentándoa na Casa da Xuventude ou ben entregándolla ao monitor correspondente en cada parroquia. 
 
Desde a Concellaría de Deportes lembran que “para que unha escola poida levarse adiante é preciso que conte cun mínimo de 5 alumn@s. Será preciso presentar un informe médico de conforme se pode realizar a actividade física da ximnasia de mantemento”. A cota mensual seguirá a ser de 15 euros. 
 
Haberá ximnasia de mantemento en Rinlo os martes e os xoves de 16:15 a 17:17 horas; os mércores e venres de 16:15 a 17:15 horas en A Devesa; en Vilaosende será os martes e xoves de 17:45 a 18:45 horas e en Vilela os mércores e venres de 17:45 a 18:45 horas. En Ove será os martes e xoves de 19:00 a 20:00 horas; en Vilaselán os mércores e venres de 19:00 a 20:00 horas e en Couxela os martes e xoves de 20:15 a 21:15 horas. 
 
Gala do deporte
O vindeiro domingo, 30 de outubro, terá lugar no pavillón de deportes a III Gala do Deporte do Concello de Ribadeo. Os máis de 200 premiados corresponden a 13 modalidades deportivas: atletismo, automobilismo, baloncesto, billarda, bolos, fútbol, fútbol sala, piragüismo, remo, surf, tenis de mesa, tiro olímpico e ximnasia rítmica. A Gala do Deporte dará comezo ás 21 horas.