Ximnasia

Etiquetas:
22/05/2015
Este sábado, 23 de maio, ás cinco da tarde dará comezo o XXII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica.

 

Mañá, 23 de maio, vaise celebrar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o XXII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica, unha das competicións deportivas de rítmica con máis soleira da provincia de Lugo.  O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar ás 17:00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove, coa presenza de  7 equipos: as Escolas Municipais de: Xove, Vilalba e Begonte, a E. X.  Porta Norte de Burela/Ribadeo,  o C. Filigrana de Lugo, o C.X.R. Porta Norte de Viveiro e o C. Violeta de Baamonde.

 

Etiquetas:
10/04/2015
Trescentas ximnastas de toda Galicia participarán o 12 de abril no VI Torneo de Ximnasia Rítmica de Conxuntos Concello de Burela.
 
O Torneo de Ximnasia Rítmica de Conxuntos Concello de Burela volve a Vista Alegre este domingo, 12 de abril, coa sexta edición, baixo a organización da escola mariñá Porta Norte e coa colaboración da Fundación Imdecum e do Concello burelao. 
Un total de 300 ximnastas procedentes de clubs de toda Galicia amosarán as súas destrezas sobre o tapiz. A xornada dividirase entre a exhibición dos conxuntos de Promoción pola mañá, dende as 11.30 horas, e do nivel Escolar pola tarde, dende as 16.00 horas. 
A cita tamén contará coa presenza das 6 ximnastas de Porta Norte que representarán a provincia de Lugo no Campionato de España de Base, que se celebrará en Guadalajara entre o 24 e o 26 de abril.
 
13/11/2014
O Concello de Foz oferta 17 cursos en 8 parroquias do municipio para os vindeiros cinco meses.

O Concello de Foz iniciará este vindeiro luns, 17 de novembro, os seus cursos anuais de formación, que se desenvolverán na vila e nas parroquias do municipio durante os vindeiros cinco meses. Así o comunicou a concelleira de Servizos Sociais de Foz, Mercedes González, quen adiantou que o Concello ofertará un total de dezasete cursos en oito parroquias: San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e a vila de Foz. As actividades versarán sobre ximnasia, pilates, zumba, ballet, cestería, bordado, costura, pintura ou internet e terán un custo de 10 euros por mes excepto nos casos dos cursos de cestería, zumba e pilates, nos que o prezo ascende a 15 euros por mensualidade. Os interesados poden anotarse xa na Casa da...

leer más