Este sábado, 23 de marzo, celébrase o XXVI Torneo Concello de Ribadeo de ximnasia rítmica

Este sábado, 23 de marzo, celebrarase a vixésimo sexta edición do Torneo Concello de Ribadeo de ximnasia rítmica, que organiza o club local Porta Norte.

Será no pavillón polideportivo municipal ribadense novo, situado na Avenida de Luarca. Na xornada de mañá, a partir das 09:15 horas, disputarase a Fase Norte Interescolar e pola tarde, desde as 16:00 horas, terán lugar as competicións de conxuntos niveis escolar, promoción e pre-base.