Tráfico

27/06/2022

Ante a inminente celebración do Festival Resurrection Fest 2022 desde o mércores 29 de xuño ao domingo 3 de xullo, a Policía Local de Viveiro prevé un gran aumento da mobilidade e dos desprazamentos por estrada, o que pode ocasionar retencións, así como dificultades á hora de atopar estacionamento. 

Por iso, en desprazamentos urbanos de curto percorrido, e na medida do posible, recoméndase evitar o uso do automóbil, optando por outras modalidades de desprazamento, ou mesmo evitar os desprazamentos en horas de circulación intensa (entradas e saídas laborais). 

Produciranse algúns cambios ou modificacións na circulación, tales como: 
-Rúa Lavandeiras: habilitarase dobre sentido de circulación desde a Conserveira ata a intersección con Avd. Ramón Canosa (Praza Naufrago) desde o luns 27 de xuño ata o martes 5 de...

leer más
Etiquetas:
12/05/2021

O I Half Triatlón Ribadeo, que se celebrará este sábado 15 de maio, reunirá a 470 participantes. A proba ocasionará cortes de tráfico nas estradas LU-P-5207, LU 133 e LU-P-6103 polo que desde o Concello piden desculpas polas molestias que se poidan ocasionar. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, sinala que haberá desvíos sinalizados.

O edil anunciou que “hai 470 participantes, para as dúas modalidades desta proba. Nunha das especialidades hai 330 e na outra hai 140, que é a máis longa”.

Jorge Díaz subliñou que “vai haber varios cortes de estradas, sobre todo na LU-P-5207, que vai desde o colexio público ata o cruce de Vilela, onde hai un cruce coa LU-133, que é a que vai de Reme a Vilamar e chegará tamén o corte á LU-P-6103, que é onde está Vilamartín Grande e que limita con Trabada. Toda esa franxa estaría...

leer más