Oficinas

Etiquetas:
24/05/2020

Os técnicos de turismo do xeodestino da Mariña Lucense mantiveron unha reunión telemática para compartir cuestións relacionadas coa volta da actividade nas oficinas de información turística, cando sexa posible neste período de desescalada. Avogan por extremar as medidas de hixiene e por retirar os folletos para autoconsumo e apostar, sempre que sexa posible, polo formato dixital a través de códigos QR. A xuntanza foi coordinada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. 

A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Tania Hermida, sinalou que “en moitas ocasións a primeira impresión que os/as turistas reciben dun destino é o das oficinas de turismo e, hoxe en día, lograr transmitir aos visitantes un destino seguro é fundamental. Considerouse acertado comezar a reflexionar sobre este aspecto de forma...

leer más