Do 3 de xullo ao 23 de agosto terá lugar unha nova edición da Ocioteca de Verán, que organiza o Concello de Burela.

Do 3 de xullo ao 23 de agosto terá lugar unha nova edición da ocioteca de verán, que organiza o Concello de Burela. Hoxe foi presentada polo alcalde, Alfredo Llano, e polas monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia.

O rexedor explicou que “o obxectivo é facilitarlle aos nenos e ás nenas de Burela un tempo de lecer de calidade, desenvolvendo valores como a cooperación, o respecto e a tolerancia”. 

O horario da ocioteca será de 9 a 13:30 horas. As actividades levaranse a cabo nas instalacións do Ceip Virxe do Carme. 

O número de prazas ofertadas é de 50 para o grupo de infantil e 1º de Primaria e de 25 prazas para a rapazada de 2º e 3º ciclo de Primaria.  O prazo de inscrición será do 19 ao 21 de xuño na Oficina de Gaia, situada na praza de abastos. A listaxe de admitidos darase a coñecer o día 23. No caso de ter que facer sorteo realizarase o 26 de xuño ás oito da tarde no salón de conferencias. Será requisito obrigatorio que toda a unidade familiar estea empadroada no Concello de Burela, agás fillas e fillos maiores de idade.