Coplas

Etiquetas:
05/02/2024

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo, 11 de febreiro, a partir das 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero, de Foz, unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do Entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e o grupo de pandeireiteiras da Subela.

A Pomba do Arco quere convidar a todos os veciños e veciñas de Foz a colaborar con esta actividade, agudizando o enxeño e achegando as súas coplas ás diversas caixas colocadas en establecementos de Foz. A entidade organizadora indica que estas caixas atópanse “Eskina”, “Leyton”, “Happy Days”, “Xoyma”, “Anduriña”, “Muelle Bar”, “Cevexaría Augas Santas”, “Casa Damián”, “Pachán”, “A Bolera”, “Dandy” e “Xoiña”

O colectivo organizador introduce unha nova posibilidade de...

leer más
Etiquetas:
14/02/2020

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza un ano máis o Touporroutou, unha das actividades máis arraigadas do entroido en Foz.

As persoas interesadas en presentar as súas coplas poden depositalas nas caixas instaladas no Bar Acuario, Anduriña, Lar, Muelle Bar, Pachán, Cafetería May Ros, Ribeira, Barrilete, Eskina e Funcional.

A organización solicita aos focegos e focegas a súa colaboración, elaborando coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, a fin de que esta actividade sexa realmente unha auténtica crónica da vida social de Foz ao longo deste último ano.

O Touporroutou celebrarase o domingo, 23 de febreiro, ás 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz. O espectáculo correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, as pandereteiras da Subela e o...

leer más
Etiquetas:
20/02/2017

A Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 26 de febreiro a partir das 21:00 h na Casa da Cultura “Poeta Manuel María” de Foz unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do Entroido focego, que como en anteriores ocasións contará coa participación de Tono Alonso e do grupo de pandeireiteiras da Subela.

A Asociación Cultural A Pomba do Arco quere convidar a todos os veciños e veciñas do Concello a colaborar con esta actividade, agudizando o enxeño  e achegando as súas coplas ás diversas caixas colocadas en diversos establecementos de Foz. A entidade organizadora indica que estas caixas atópanse na “Pizzería Xoiña”, na “Cafetería May Ros”, na “Cervexería Regata”, no “Bar Acuario”, no “ Muelle Bar”, na “Funcional”, no “Rente ao mar ese camiño”, no “Pachán”, na “Eskina” e na “Taberna”.

O éxito e a...

leer más
Etiquetas:
05/02/2015
O 15 de febreiro chega unha nova edición do Touporroutou da asociación A Pomba do Arco de Foz.
 
A asociación cultural de Foz, A Pomba do Arco quere convidar a tódolos veciños e veciñas de Foz a participar o día 15 de febreiro, domingo, ás 21 horas, na Casa da Cultura do Concello de Foz a unha nova edición do seu famoso Touporroutou.
Segundo explican desde A Pomba do Arco “o evento estará dirixido e amenizado polo noso compañeiro Tono e os seus amigos, que declamarán, cantarán e recitarán tódalas coplas populares entregadas polos veciños”.
E engaden: “como queremos que este sexa un acto participativo e popular toda aquela persoa que queira escribir unha copla, para que sexa recitada no Touporroutou, tan só ten que escribila e depositala nunhas caixas que para ese fin foron colocadas nos seguintes bares de Foz: Muelle, Funcional...
leer más