A Ocioteca, que un verán máis pon en marcha o Concello de Burela, desenvolverá a súa actividade do 1 de xullo ao 31 de agosto.

A Ocioteca, que un verán máis pon en marcha o Concello de Burela, desenvolverá a súa actividade do 1 de xullo ao 31 de agosto.
 
Un ano máis o Concello de Burela, a través da Aula Medio Ambiental Gaia, pon en marcha a Ocioteca dentro das actividades denominadas Verán activo. 
A Ocioteca está destinada a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2003, é dicir con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades levaranse a cabo do 1 de xullo ao 31 de agosto no CEIP Vista Alegre Nº 2. Dende as 9:00 da mañá ata as 13:30 os rapaces poderán gozar de multitude de actividades: manualidades, xogos ao aire libre, rutas… “É sen dúbida unha maneira de axudar a conciliar a vida laboral e familiar nestes meses nos que os rapaces non teñen cole”, segundo explican as propias monitoras de Gaia.
O prazo de inscrición terá lugar do luns 22 ao xoves 25 de xuño a partir das 9:30 no Concello de Burela. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao Concello ou ao teléfono 982580867 (oficina de Gaia).