Feira

Etiquetas:
21/01/2019

A Feira, que se desenvolverá no aparcadoiro municipal, a carón da piscina municipal, dará comezo ás 10:00 horas e ás 11:00 terá lugar o concurso morfolóxico de cabalo de pura raza galega.

Ás 12:00 haberá unha demostración de traballos pé a terra con redeas longas con cabalo de pura raza galega por Xacobe Pérez, presiente da Asociación Pura Raza Cabalo Galega. Ás 12:30 horas na Casa da Cultura terá lugar unha conferencia titulada Razas Autóctonas Galegas, que correrá a cargo de Juan Carlos Puente, vicepresidente de Can de Palleiro. Ás 13:00 horas será a I Poxa de Raza Rubia Galega da Mariña e ás 16:30 horas celebrarase unha demostración de traballos á amazona con cabalo de pura raza galega, ofrecida por Xacobe Pérez.

Na II Feira de Razas Autóctonas Galegas da Mariña repartiranse 4.000 euros en premios e a entrega...

leer más
21/11/2018

O Presidente da Deputación e Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, e o Tenente de Alcalde, Francisco Martínez Bermúdez, presentaron este mércores a XII Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova que se celebrará do 6 ao 9 de decembro. Trátase dunha cita que debido ao interese que esperta, pois espéranse superar os 8.000 visitantes, se ampliou, engadindo un día máis de mostras. O horario é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.Este evento conta cunha colaboración de Deputación e Concello de 12.000 euros.  

O Presidente explicou que “esta Feira é unha das citas máis importantes para o Concello pois a grande número de persoasque participan dela, unhas 8.000, convértea nunha oportunidade de dinamización para a economía local. Ademais tamén é unha gran oportunidade de pór en valor os oficios tradicionais, que se mesturan con...

leer más
Etiquetas:
06/11/2018

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde presentaron este martes a IV Feira do Mel de Montaña de Muras, que terá lugar os días 17 e 18 de novembro na praza de Viveiró, e coa que o Goberno da Deputación colabora cunha achega de 3.000 euros. Ao acto participaron o Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco. 

Santos Ramos destacou que “o Goberno da Deputación colabora activamente con estes eventos gastronómicos para promover e poñer en valor os produtos da provincia, ao tempo que contribuímos a dinamizar a economía local, xa que se conta cunha afluencia de máis de 3.000 persoas, o que da boa mostra da importancia desta cita para o Concello”. 

Vidal Baamonde apuntou que “a través desta cita, ademais de impulsar un dos produtos máis...

leer más
Etiquetas:
09/10/2018

O Concello de O Valadouro organiza o vindeiro sábado, 13 de outubro, a XXXI edición da Feira do Mel.

O programa dará comezo ás 10:00 horas, coa a apertura dos postos de mel e artesanía. De 10:00 a 14:00 horas haberá un programa de promoción de artesanía cun obradoiro de instrumentos musicais. Ademais Ecoembes desenvolverá a campaña Separar con xeito.

Ás 14:00 horas terá lugar o sorteo de produtos e material apícola. Entre as 15:00 e as 19:00 horas haberá inchables, globoflexia e pintacaras. Ás 18:00 horas ofrecerase unha degustación de freixós con mel e ás 19:00 horas clausurarase a Feira. A animación musical da xornada correrá a cargo do grupo de música tradicional O Xogaral de Burela.

As actividades rematarán cunha conferencia sobre a velutina, titulada Apicultura, Ciencia e Control. Os...

leer más
Etiquetas:
30/08/2018

O vicepresidente da Deputación e deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o presidente de CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), Francisco López Valladares, xunto con membros da Corporación, inauguraron este xoves a feira de produtos ecolóxicos que se celebra, dende hoxe e ata este sábado, 1 de setembro, nos xardíns de Noriega Varela. Baixo o nome de Ágora Verde, serve para dar a coñecer estes alimentos na comarca, e os stands participantes estarán abertos dende ás 11 ata ás 22 horas.

O Goberno da Deputación é o principal impulsor desta iniciativa, que acada a súa terceira edición, cunha achega de 25.000 euros. Durante os días de feira haberá xogos, obradoiros infantís, concursos e demostracións de cociña, entre outras actividades.

 

Etiquetas:
28/08/2018

Do 31 de agosto ao 2 de setembro terá lugar a IV Feira do Libro de Burela, que organiza a Concellería de Cultura. Os horarios de apertura das casetas será de 11:00 a 14:00 horas polas mañás e de 17:00 a 22:00 horas polas tardes. Haberá contacontos as tres xornadas, unha caricaturista pintando escenas da feira, presentacións e sorteos de libros ademais dun lote de peixe doado por ABSA. Como novidade este ano terá lugar o primeiro concurso de Relatos al Vuelo. Pola Feira do Libro de Burela pasarán autores como Manel Loureiro, Matías Escalera, Antía Yáñez, Pablo Mosquera, Carlos Nuevo e Alfonso Otero Regal, entre outros.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “los horarios de los tres días van a ser de once de la mañana a dos del mediodía, y de cinco de la tarde a diez de la noche. Inauguraremos el viernes, a las once de la mañana...

leer más
Etiquetas:
22/08/2018

Este venres, 24 de agosto, terá lugar a Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas, no concello de Xove.

O programa dará comezo ás 10:00 horas coa recepción do gando no campo da Feira.  Ás 13:00 horas haberá misa solemne na igrexa parroquial de San Isidoro, ás 13:30 h. sesión vermú e ás 17:30 horas verbena co grupo Vivarium.

No concurso gandeiro haberá dúas modalidades, para o maior número de reses vacunas e maior número de reses cabalares. Os premios en ambos casos serán de 90 euros para o 1º, 70€ o 2º, 50 euros o 3º, 40€ o 4º, 30 euros o 5º, e 20 €o 6º. Todos os participantes neste concurso deberán aportar a carta de saneamento no caso de gando vacún e microchip e libro o gando cabalar.

A partires das 17:30 horas haberá Concurso de Marcha nas...

leer más
Etiquetas:
21/08/2018

A Concellería de Cultura ultima os preparativos da Feira do Libro, que se celebrará na localidade os días 31 de agosto e 1 e 2 de setembro. Na primeira xornada participará o escritor pontevedrés Manel Loureiro, quen a partir das 20:00 horas falará da súa última obra e da súa traxectoria literaria. Tamén o 31 de agosto, pola mañá, celebrarase o 1º Concurso de Relatos al Vuelo. Os participantes deberán escribir unha historia de non máis de 300 palabras nun tempo máximo dunha hora e terá que incluír tres palabras escollidas ao azar. O relato gañador será lido o sábado, despois do pregón que pronunciará Matías Escalera. As persoas interesadas en participar nesta convocatoria poden inscribirse a partires de mañá, 22 de agosto, no seguinte correo electrónico: casadaxuventude@burela.org.  Para que o concurso se celebre...

leer más
Etiquetas:
16/08/2018

O Concello de Foz organiza a sexta edición da Feira de Gando de Cangas, que se celebrará o este domingo, 19 de agosto, e foi presentada hoxe. Neste evento haberá diferentes actividades, desde as 10:00 horas, como paseos gratuítos a cabalo, exposicións de maquinaria e artesanía, e premios aos gandeiros con maior número de cabezas de gando vacún e cabalar, entre outros actos.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural en Foz, Pedro Fernández Manín, anunciou hoxe: “vimos de presentar a Feira de Gando de Cangas, que organiza o Concello de Foz, a través da Concellería de Medio Rural, en colaboración coa asociación de Cabaleiros de Cangas, composta dun grupo de oito rapaces e rapazas amantes dos cabalos e alma máter desta feira que terá lugar o vindeiro domingo 19”.

Fernández Manín subliñou que “desde o...

leer más
Etiquetas:
16/08/2018

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Foz, Javier Castiñeira, presentaron na Casa da Cultura de Foz unha nova edición da Feira do Libro, que terá lugarna Praza do Conde de Fontao, dende o 16 ao 19 de agosto, en xornada tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira e a Delegada Provincial de Cultura, María Carmen Gueimunde González.

O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.

García Portoremarcou que “con esta nova feira do libro de Foz, colaboramos unha vez máis, con iniciativas que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribuímos...

leer más