O 24 de agosto terá lugar en San Isidoro do Monte, en Xove, a Feira do San Bartolo.

Este vindeiro mércores, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional Feira do San Bartolo en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
 
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da  Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. 
 
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro.
-13:30 horas: Sesión Vermú con JOSÉ ANIDO.
-17:30 horas: Verbena co grupo JOSÉ ANIDO.
 
No que respecta ao Concurso Gandeiro que se vai celebrar pola mañá, vai haber dúas modalidades cos seguintes premios:
a) Concurso de “Maior número de reses vacunas na Feira”:
   1º premio: 90 €uros
   2º premio: 70 €uros.
   3º premio: 50 €uros.
   4º premio: 40 €uros.
   5º premio: 30 €uros.
   6º premio: 20 €uros.
b) Concurso  de “Maior número de reses cabalares na Feira”:  
   1º premio: 90 €uros
   2º premio: 70 €uros.
   3º premio: 50 €uros.
   4º premio: 40 €uros.
   5º premio: 30 €uros.
   6º premio: 20 €uros.
 
Como en anos anteriores, para aqueles que desexen xantar no lugar, na Feira vai haber varios chiringuitos con comida (pulpo, churrasco, panadería, etc.). 
 
Xa pola tarde, haberá Concurso de Marcha a partires das 17:30 horas, cos seguintes premios en cada unha das dúas modalidades: menos de 1,50 mts e máis de 1,50 mts.:
   1º premio: 90 €uros
   2º premio: 70 €uros.
   3º premio: 50 €uros.
 
Os cabalos van ser medidos por un xuiz.
 
Dende a Comunidade de Veciños Costa de Laxamoura convidan  a todos os veciños de Xove e visitantes foráneos a disfrutar dunha xornada festiva agrogandeira nun marco incomparable.