Do 23 ao 25 de agosto desenvolverase en Viveiro a 9ª Feira de Stocks, que organiza o CCH.

Desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro explican que “do 23 ó 25 de agosto temos unha cita na 9ª edición da Feira de Stocks do comercio de Viveiro na que se poderán atopar miles de artigos a uns prezos super mega rebaixados porque temos que facer sito para as novas coleccións”. 
 
Na Feira de Stocks de Viveiro haberá moda de home, muller, nenos, deportes, mobles e decoración, complementos, bisutería ou xoiería.
 
Estará situada nos Xardíns Noriega Varela do 23 ao 25 de agosto en horario de 11 a 14 horas polas mañás e de 18 a 21:30 horas polas tardes.
 
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Viveiro.