Feira

Etiquetas:
01/05/2023

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente da asociación de veciños San Sebastián de Carballido de Alfoz, Jesús Paz Pumares, presentaron no Pazo de San Marcos unha das grandes novidades da Feira do Trece deste ano: o espectáculo Duende Ecuestre. A institución provincial achega máis de 3.200€ para a contratación deste evento dentro do programa do feiral, que se celebrará o 17 de xuño.

O mandatario provincial puxo en valor que esta será a primeira vez que este espectáculo, que combina doma e baile ecuestre, estea en Alfoz, o que de seguro será “un gran reclamo que completará o programa que a asociación tenpreparado para todo o día”. Así mesmo, Tomé Roca subliñou o pulo que esta cita colleu dende que esta asociaciónveciñal a recuperou no 2018, tentando emular as feiras que acollía o Lugar do Trece hai máis de 30 anos,...

leer más
Etiquetas:
27/04/2023

Arredor de 350 marcas de diferentes países e 5.000 profesionais do sector se darán cita en Burela na XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar do 10 ao 13 de maio. O evento, que este ano aumenta a súa superficie, foi presentado hoxe no salón de plenos do Concello. 

O alcalde e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, dixo que “despois da que fixemos en Madrid en xaneiro, hoxe tivemos a segunda presentación de Expomar, neste caso aquí, no Concello de Burela, co propósito xa de explicar en que vai consistir esta feira exposición, a cantidade de expositores que pode haber, de firmas representadas e do espazo que ocupa. Demos unha serie de información que eu penso que é moi boa para que a xente saiba o que hai e poida achegarse desde o día 10 ata o 13 de maio para apreciar o que á feira Expomar”.

O rexedor subliñou...

leer más
Etiquetas:
20/04/2023

A parroquia ribadense de Arante celebrará este sábado a primeira mostra de razas autóctonas. A Asociación de Veciños de Arante organiza, coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo, esta mostra que pon en valor o traballo de gandeiras e gandeiros e visibiliza as características diferenciais das razas autóctonas galegas e dos produtos derivados.

A mostra dará cabida a exemplares de rubia galega e outras razas bovinas autóctonas, ovella e cabra galegas, galiña de Mos, cabalo de Pura Raza Galega e Porco Celta,  grazas á implicación das asociacións gandeiras Acruga, Puraga, Asoporcel e Boaga, que terán posto informativos na mostra.

A feira incluirá tamén venda de produtos agroalimentarios procedentes de razas autóctonas e de produtores da contorna, para poñer en valor as producíosn locais e fomentar o...

leer más
Etiquetas:
02/04/2023

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, que prepara a organización da Feira do Ferro para o vindeiro 16 de abril.

O Centro de Artesanía e Deseño achegará 13.000 euros para financiar  as demostracións e obradoiros que se desenvolvan no espazo do ferro, desde a elaboración de carbón vexetal e a instalación e montaxe das forxas ou das moas de afiar, e no que se amosará  o proceso tradicional de elaboración de  fouciños, fouces ou coitelos.

A área de Artesanía e Deseño contribuirá así ao relanzamento da Feira do Ferro despois de tres anos de parón como principal escaparate para os ferreiros e para o patrimonio natural e cultural do concello.

O deputado Efrén Castrovalorou “o traballo que ven desenvolvendo a Asociación...

leer más
Etiquetas:
23/03/2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, participou esta mañá na presentación da XIV edición da Feira do Ferro que se celebrará en Riotorto o próximo 16 de abril, despois de tres anos. O evento está organizado polo Concello e pola Asociación de Ferreiros de Riotorto e conta co apoio da Xunta, a través da Fundación Artesanía de Galicia, cunha achega económica de 10.000 euros. 

Durante a presentación, o delegado destacou a relevancia deste evento como punto de encontro para os profesionais dos oficios do ferro, como espazo para que as novas xeracións atopen referentes do oficio, como visibilizador desta artesanía de cara á sociedade e aos consumidores, ademais de como dinamizador económico e cultural da comarca. Destacou tamén o compromiso da Xunta coa Feira do Ferro de Riotorto, coa que colabora dende a súa creación no...

leer más
Etiquetas:
22/03/2023

A XVII edición do Mercado de Primavera do Valadouro celebrarase este venres 24 e sábado 25 de marzo.

O venres 24 a partir das 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar o pregón inaugural a cargo da xornalista Susana López Montes e deseguido haberá unha demostración de música e baile en zocas coa Asociación Cultural Amado Lar, do Valadouro, e concerto de Caamaño&Ameixeiras .

O sábado 25 de marzo desde as 10:00 horas ata as 19:00 horas estarán abertos ao público os postos de venda do mercado situados na rúa Andrés López Palmeiro. Desde as 11:00horas os artesáns situados na praza de Santa María ensinarán os seus oficios enxebres: barro, cestos, zocas, fiadeira, ferro... E a esa mesma hora a batukada da Comparsa Os Fandangueiros realizará un pasacalles polas rúas de Ferreira. A partir das 12:00...

leer más
Etiquetas:
16/03/2023

O Consello Galego de Pesca reunirase en Burela o 11 de maio. Será dentro da programación da XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar na que a organización segue a traballar, segundo informou hoxe o alcalde, Alfredo Llano. 

O rexedor contou que “nas últimas horas reunímonos o comité executivo de Expomar, xa que nos estamos achegando á data da feira exposición, que será do 10 ao 13 de maio e temos que darlle prontitude e ir vendo e asegurando que sexa un evento de categoría tal e como se merece o sector náutico pesqueiro”. 

Llano dixo que “estivemos a falar da inauguración, que será o 10 de maio ás doce do mediodía. Agardamos contar coa presenza da conselleira de Mar, Rosa Quintana, aínda que nos próximos días confirmaremos o peche de todos estes flocos. Tamén teremos ese mesmo día xuntanza do Consello Galego de Pesca,...

leer más
02/03/2023

Gandeirías de Barreiros, Muras, Lourenzá, Valadouro e do Occidente asturiano participarán na Feira de San Rosendo, que se celebra esta fin de semana en San Miguel de Reinante, en Barreiros. 

A área de Medio Rural da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran coa comisión organizadora desta feira tradicional que terá o seu día grande o domingo, co mercado gandeiro e vinte postos de artesanía e produtos agrogandeiros na Praza de San Miguel.

A apertura do mercado iniciará unha xornada na que, ademais da entrega de 2000 euros en premios aos mellores exemplares e lotes, acollerá outras actividades paralelas ligadas ao mundo do cabalo, como un certame morfolóxico, organizado por Puraga, que puntúa para o campionato galego, e unha xincana de xogos ecuestres, que conta coa colaboración de Xinetes de Remourelle...

leer más
Etiquetas:
01/03/2023

Desde o CCH explican que “dende o xoves día 2 ata o sábado 4 de Marzo serán preto de 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70 ou 75% en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos. A gran variedade de tendas que se suman a este tipo de campañas fan que sexan todo un éxito de afluencia de clientes”. 

E indican que “participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería, xoias, mobles, decoración, artigos para o fogar, librerías e ópticas. Para aproveitar estas oportunidades esperamos que os clientes doutras localidades da comarca se animen a visitar Viveiro esta fin de semana,...

leer más
Etiquetas:
19/02/2023

A  Feira de San Rosendo, enSan Miguel de Reinante, no Concello de Barreiros, celebrarase os vindeiros 4 e 5 de marzo.

As actividades arredor desta feira de gando, que viña celebrándose un día, alónganse durante a  fin de semana co impulso da comisión organizadora, que conta co apoio do Concello de Barreiros e da área de Medio Rural da Deputación de Lugo.

Así, a tradicional feira de gando e artesanía, o domingo a partir das 9.30 horas na Praza de San Miguel, refórzase cunha axenda lúdica que comeza o sábado, con sesión vermú, un aberto de billarda e  verbena, e continúa o mesmo día da feira con varias actividades paralelas como un concurso morfolóxico cabalar de Pura Raza Galega, unha carreira de andadura de cabalo marchador galego nas categorías serrada e chapeada e unha ximkana de xogos ecuestres.

... leer más