San Miguel

22/08/2026

Iberia CF e Ribadeo disputarán o torneo de fútbol XLII Trofeo do Emigrante no campo das Valgas, en San Miguel de Reinante (Barreiros), este domingo, día 23 de agosto, ás 18:30 horas.

Na presentación deste evento deportivo participaron Manolo Cadramón, como representante da Xunta de Galicia; e Dani García, do Concello de Barreiros, como entidades colaboradoras co torneo, e Marcos Rodríguez, presidente do Iberia CF.

20/08/2026

O Iberia Club de Fútbol celebra a quinta edición da Festa do Bolo Preñado este venres, día 21 de agosto, na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante (Barreiros).

Ademais de degustación de bolos de varios sabores haberá música desde as 22:00 horas co grupo No Limit e DJ Da Casa e moitas sorpresas, anuncia a organización.

01/08/2026

O Colectivo Cultural Ollomao anuncia que este domingo, día 2 de agosto, ás 21:00 horas, volve aos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante para representar a obra teatral Dona Clara. Explica que “nesta ocasión será con taquilla inversa. Ou, dito doutro xeito, faremos unha versión elegante do tradicional pasar a gorra. Non hai un prezo fixo de entrada: ao rematar a función, cada persoa poderá achegar a cantidade que considere, segundo as súas posibilidades e o valor que lle dea á experiencia vivida. É unha forma diferente de apoiar a cultura e de facer posible que o teatro siga chegando á nosa contorna”.

“Nós xa temos moitas ganas de compartir outra noite de verán convosco, entre risas, emocións e moito teatro”, engade Ollomao, que tamén anuncia que apertura de portas será ás 20:40 horas. “Prégase puntualidade. Unha vez comece a...

leer más
18/02/2026

A Agrupación Folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante (Barreiros), organiza un xantar de agradecemento a Enrique Penabad, que estivo 45 anos ao fronte deste colectivo. Será o día 14 de marzo, sábado, ás 14:30 horas nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante. E ao remate da comida haberá foliada.

O aforo é limitado e a data límite para comprar as entradas é o 10 de marzo.

“Di o refrán que é de ben nacido, ser agradecido. E neste caso, como para non selo! Pensar no Arco da Vella é pensar inevitablemente en Kike, que adicou 45 anos en corpo e alma á creación e mantemento dunha asociación que defende o folclore e que, ademais, fai pobo. E iso ninguén o pode negar. Falar do Arco da Vella tamén é falar de San Miguel e de Barreiros. O mérito está en facelo dese xeito incansable, sacrificando momentos...

leer más
Etiquetas:
16/01/2026

O día 31 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante acollerán unha charla coloquio titulada Furnas do concello de Barreiros. Toponimia e curiosidades xeolóxicas da costa.

Está organizada polo Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, e participarán os espeleólogos Xurxo Lorenzo e Javi Fouz.

31/12/2025

Os Reis Magos serán recibidos en San Miguel de Reinante (Barreiros), cun acto que se celebrará o día 5 de xaneiro, luns, ás 19:00 horas.

A recepción será no pavillón do CEIP San Miguel e actuarán os grupos das escolas da asociación folclórica O Arco da Vella, colectivo que organiza o evento.

27/11/2025

O Iberia Club de Fútbol, de San Miguel de Reinante (Barreiros), anuncia que se presentaron os actos de 90 Aniversario do club que “terán o seu epicentro cos partidos desta fin de semana de derbis: o sábado o equipo xuvenil enfrontarase ao CD Foz e o domingo o equipo sénior xogará contra o Ribadeo FC”.

Na presentación participaron, ademais de Marcos Rodríguez, como presidente do Iberia CF; Manolo Cadramón (xefe de Deportes da Xunta en Lugo); e Ana Ermida (alcaldesa de Barreiros).

 

23/10/2025

Este sábado, día 25 de outubro, ás 19:00 horas os colexios vellos de San Miguel, no municipio de Barreiros, acollerán a representación da obra Cousas, a cargo da compañía Os Quinquilláns. Con entrada de balde ata completar aforo.

O Concello de Barreiros explica que se trata “dunha adaptación da coñecida obra de Castelao, chea de retranca, humor e costumbrismo galego, que mestura traxedia, farsa e comedia”.

Ademais no mesmo espazo continúa aberta a exposición titulada Sempre Galiza, que pode visitarse ata o 31 de outubro nos seguintes horarios: luns, martes e mércores, de 10:30 a 11:30 horas; e os xoves de 12:00 a 13:00 horas.

16/10/2025

Os colexios vellos de San Miguel de Reinante (Barreiros) acollerán do 17 ao 31 de outubro unha exposición que recolle a actividade política e literaria de Castelao desde o ano 1934, cando firma os seus primeiros artigos no desterro estremeño, ata 1944, ano da publicación da primeira edición de Sempre en Galiza e da fundación do Consello de Galiza, goberno galego no exilio do que precisamente Castelao foi o primeiro presidente, anuncia o Concello de Barreiros.

A iniciativa forma parte do programa conmemorativo 75 cabodano de Castelao (1950-2025), do Museo Provincial de Lugo, e conta coa colaboración da Vicepresidenta da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.

A mostra poderá visitarse os luns, martes e mércores de 10:30 a 11:30 horas e os xoves de 12:00 a 13:00 horas.

... leer más
29/09/2025

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán este domingo, día 5 de outubro, en San Miguel de Reinante (Barreiros) dentro do ciclo Polavilas no paraíso, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A actuación, ás 13.00 horas na pista da festa de San Miguel de Reinante, coincide coa celebración das festas desa parroquia, “un contexto elixido para achegar a música tradicional e en galego a todos os públicos”, anuncia a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O concerto contará coa participación do grupo de música tradicional O Arco da Vella, que acompañará a Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre nalgúns dos temas do repertorio, un repaso aos seus últimos catro discos - The Tambourine Man, Noró, As Catedrais silenciadas e Axúdame a sentir- que teñen a pandeireta como instrumento central.

... leer más