Mulleres

Etiquetas:
03/04/2022

O 29 de abril a Casa da Cultura de Burela acollerá ás 21:00 horas a estrea de "Lara Hierro", un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración milenial.

Lara pon o movemento, Alma a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo. As tres figuras que compoñen a peza navegan entre o mundo cotiá e un plano de ensoño onde os seus corpos e discursos se encontran. 

"Lara Hierro" é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustración, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á nosa xeración. 

Un espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a través das que falan son a danza, a palabra, a música e a...

leer más
Etiquetas:
24/03/2022

Este domingo, 27 de marzo, a agrupación musical lucense Lucus Ensemble, ofrecerá o concerto «Notas Femininas» no que repasará o papel da muller na historia da música. 

A Concellería de Igualdade de Barreiros pecha así o ciclo de actos organizados este mes de marzo dedicados á muller dentro do programa “Barreiros con M de Mulleres”.

A actuación terá lugar ás 19.00 horas nos colexios vellos de San Miguel con entrada libre e ata completar aforo.

 

Etiquetas:
03/03/2022

"As que limpan" fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Na súa fronte, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras. Neste espectáculo as artistas formulan 3 preguntas: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe o turismo sostible? Quen limpa na casa da limpadora?

"As que limpan" non só fala de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.

A obra está prevista para as 19:30 horas do vindeiro domingo, día 6, na Casa da Cultura de San Ciprián. 

 

Etiquetas:
02/03/2022

O Concello de Barreiros dará continuidade á programación de Entroido con diversos actos que se encadran dentro do slogan “con M de Mulleres” e que se desenvolverán ao longo do mes de marzo. Con esta programación quérese dedicar este mes de marzo ás mulleres mariñás, que serán as protagonistas da meirande parte dos actos.

O programa comeza coa actuación musical do grupo “Habelas Hainas”. Grupo feminino formado en 2010 e que toma como punto de partida a música de raíz. Combinan, de xeito brillante, un son enérxico, fresco e orixinal, sempre desde unha perspectiva de xénero. Esta actuación está financiado pola Área de Igualdade da Deputación de Lugo e terá lugar este domingo, 6 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme ás 19 horas.

Para o domingo 13 de marzo ás 18 horas, tamén no centro sociocultural de San...

leer más
Etiquetas:
02/03/2022

Ribadeo celebrará o Día Internacional das Mulleres con teatro, cunha exposición de fotos e coa presenza da rapera de orixe marroquí Miss Raisa. As actividades desenvolveranse do 6 ao 12 de marzo, segundo deu a coñecer a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra. 

A edil ribadense dixo que “un ano máis, a Concellaría de Igualdade de Ribadeo, conmemorará unha data tan importante como 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres,  con diferentes actos lúdico reivindicativos tomando como referencia A Educación: a porta para o cambio social”.

Álvarez Lastra explicou que “comezaremos o vindeiro domingo, 6  de marzo  no Teatro, ás 20:00 horas co espectáculo O Benquerer(se) da compañía Aldaolado. Neste espectáculo as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturan poemas, música e historias para facer visibles as...

leer más
Etiquetas:
19/02/2022

A compañía De Ste Xeito representará "Feminíssimas" na Casa da Cultura de Burela o 18 de Marzo ás 21:00 horas.

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres maneiras moi distintas de entender o “feminismo". Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Este é o punto de partida da creación de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira.

Trátase dunha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de...

leer más
Etiquetas:
18/01/2022

A Casa da Cultura de Burela acollerá a representación de Bravas con Isabel Risco. A función terá lugar o 11 de febreiro ás 21:00 horas. O prezo da entrada é de 3 euros.

Trátase do segundo espectáculo unipersoal protagonizado por Isabel Risco no que presenta a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Dirixido por Fran Rei reivindica e visibiliza persoaxes femininos da historia e da mitoloxía de Galicia, como María Soliña ou María Castaña, pero tamén a mulleres anónimas que se involucraron en movementos e loitas sociais como as cigarreiras de A Coruña que levaron a cabo a primeira folga feminina en 1831.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Burela, Xunta de Galicia, AGADIC, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Xacobeo 21-22.

 

Etiquetas:
15/12/2021

O Auditorio Municipal de Burela acollerá este venres, día 17 de decembro, o espectáculo Polafía Burela. Dará comezo ás 19:00 horas e a entrada é libre ata completar aforo.

A actuación será un homenaxe ao grupo Batuko Tabanka, Mestras da Memoria 2020.
Intervirán xunto a Batuko Tabanka: Banda Krioula, Acordeonistas da Mariña, Bernardo Penabade e Lois Pérez.

A actividade está organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e subvencionada pola Deputación de Lugo e CEDRO, coa colaboración do Concello de Burela e Casa da Cultura.

 

Etiquetas:
17/11/2021

Alfoz é un dos Concellos elixidos para levar a cabo o Curso de defensa persoal e autocapacidades, organizado pola Secretaría de Igualdade para a prevención de situacións de violencia de xénero.

Trátase de formación-adestramento tanto físico como psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. Está dirixido a mozas e mulleres cunha condición física normal. O curso é totalmente gratuito.

Realizada unha pre-inscrición para formar grupo, fixouse a data e horario de realización: sábado 15 de xaneiro de 2022, de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas no Salón de Actos do Centro Sociocultural e no Pavillón Municipal de Alfoz.

As mulleres e mozas...

leer más
Etiquetas:
09/06/2021

Foi inaugurada en Foz a versión itinerante de “Amar a mar: mariñas, marosas e maruxainas”, un proxecto expositivo que naceu do 50 aniversario do Museo Provincial do Mar e que aborda, desde distintos enfoques temáticos, a importancia do mar na configuración cultural e material da comarca da Mariña.

A segunda pranta do CENIMA (Centro de Interpretación do Mar) acollerá ata o vindeiro 13 de xullo as tres mostras que forman o proxecto: 

“Mariñas, marosas e maruxainas, que inclúe 16 retratos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da comarca. As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. 

... leer más