Feminíssimas chega a Burela o 18 de marzo. Trátase dunha comedia negra... moi violeta.

A compañía De Ste Xeito representará "Feminíssimas" na Casa da Cultura de Burela o 18 de Marzo ás 21:00 horas.

Un congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres maneiras moi distintas de entender o “feminismo". Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer. Este é o punto de partida da creación de Esther F. Carrodeguas, Noelia Blanco, Stephy Llaryora e Xavier Castiñeira.

Trátase dunha peza teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -desde a comedia- de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. Un espazo para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía. En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

As entradas poderán mercarse na billeteira por 3 euros.