Bar

Etiquetas:
06/09/2018

Na avenida de Asturias, número 11, de Ribadeo, reabriu onte, mércores, un establecemento hostaleiro histórico na vila ribadense: o café bar Madison. Nesta nova etapa o xerente é Javier González Barcía, tamén coñecido como Javi Tattoo.

A inauguración incluíu unha degustación gratuíta de bebidas e tapas para os moitos clientes que asistiron.

O novo café bar Madison disporá de tres pantallas de televisión, unha delas xigante, para que os clientes poidan gozar ao grande dos principais acontecementos deportivos. Abre todos os días ás 08:00 horas, está atendido por persoal con ampla experiencia en hostalería e ofrece almorzos, tapas, racións e bocadillos, ademais dunha gran variedade de bebidas.