Traballo

Etiquetas:
25/01/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde,e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o organismo provincial achega outros 10.500 euros á promoción do traballo destes profesionais como “sinal único de identidade cultural e atractivo turístico da nosa provincia, especialmente, da Mariña Oriental, capaz de dinamizar a económica e xerar riqueza”. Así o destacou Campos Conde tras a sinatura deste convenio, que tivo lugar na Forxa de Viñabella, en Espasande de Abaixo, nun acto no que participaron máis ferreiros deste colectivo como Manuel Alonso Fojaca, Agustín Iglesias Rodríguez e Ángel Villada Moirón.   

Con este fondos, os Ferreiros de Riotorto disporán de paneis informativos e explicativos da historia do seu oficio tradicional ou da elaboración dos...

leer más
Etiquetas:
19/05/2015
O carpinteiro de ribeira Fran Fra intervirá este sábado, 23 de maio, nunha tertulia en Viveiro, organizada por Pensamento e Sementeira.
 
Fran Fra, carpinteiro de ribeira en activo, intervirá o vindeiro sábado, 23 de maio, nunha tertulia programada dentro das actividades que, arredor do patrimonio marítimo e fluvial, organiza o colectivo viveirés Pensamento e Sementeira.
A tertulia desenvolverase no mesmo local onde está aberta ao público a exposición "As embarcacións tradicionais do arco ártabro até Ribadeo", o local de usos múltiples do Concello, na praza Maior de Viveiro. 
O sábado pasado abriuse esta mostra arredor do patrimonio marítimo e fluvial cunha charla que estivo a cargo do especialista Víctor Fernández, membro da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Na tertulia deste sábado, 23 de maio, que dará comezo ás 19 horas, proxectaranse vídeos sobre...
leer más