Pancha

Etiquetas:
19/10/2026

Ata o día 29 de outubro estará aberto o período de adhesión dos negocios locais á campaña da Pancha, a moeda local de Ribadeo.

A concelleira ribadense de Comercio e Desenvolvemento Local, Marta Saiz, anunciou que “o Concello de Ribadeo pon en marcha unha nova edición do programa A Pancha, a nosa moeda local, unha iniciativa destinada a incentivar o consumo de proximidade, a apoiar o tecido empresarial do municipio e contribuír á dinamización da economía local. Os establecementos interesados en participar na campaña poderán solicitar a súa adhesión do 20 ao 29 de outubro, ambos incluídos, a través da plataforma dixital do programa”.

A edil explicou tamén que “poderán adherirse os establecementos físicos e permanentes situados en Ribadeo que desenvolvan algunha das actividades económicas admitidas e cumpran os...

leer más