El sujetador y su función para la salud é o título da charla que será impartida o 31 de maio no Hospital Público da Mariña, en Burela.

Somos Unidos por el Cáncer organiza o próximo 31 de maio a partir das 19.00 horas no Salón de Actos do Hospital Público da Mariña, unha conferencia titulada ‘El sujetador y su función para la salud’.

A charla será impartida por Bego Bermúdez, asesora de roupa íntima.

As persoas interesadas en acudir poden inscribirse chamando ao teléfono 699925296.