Mercado Medieval
A Xunta de Galicia anuncia que renova a súa colaboración co Mercado Medieval de Mondoñedo, que celebra a súa 34ª edición do venres 7 ao domingo 9 de agosto.
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da cita, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Está organizada pola Asociación Amigos do Mercado Medieval e o Concello.
Villares destacou “o papel deste festexo como reclamo turístico do verán no municipio, atraendo a miles de persoas ao casco histórico da localidade durante toda a fin de semana para desfrutar das actividades de recreación histórica e do ambiente festivo”. Tamén puxo en valor “o especial protagonismo da artesanía, con postos de venda e demostracións de oficios como fiandería, palillería, ouriveiría ou coiro. Ademais a Praza da Catedral acollerá exposicións...
leer más



