Mulleres

Etiquetas:
05/03/2023

A catedrática de Química Inorgánica da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, Mª Isabel Fernández García, estará en Ourol o vindeiro día 9 de marzo ás 18:00 h para falar do seu libro “Pioneiras da ciencia en Lugo” e sobre todo de tres mulleres de Ourol pioneiras en ciencias: Remedios Vázquez García, Segunda Vázquez García e Aurora Chao Quintana.

Neste libro recóllese a vida académica e laboral de 62 mulleres pioneiras no eido da ciencia que foron abrindo camiño para as que viñeron despois. Con este traballo a autora pretende visibilizar a situación da muller na universidade e sobre todo nas ciencias e poñer en valor o seu traballo e a súa contribución para acadar a igualdade da muller.

Este encontro será no Edificio Multiusos de Ourol.

Etiquetas:
23/02/2023

O Concello de Trabada organiza o próximo día 8 de marzo, co gallo do Día Internacional da Muller, un curso de Autodefensa para Mulleres ante Situacións Violentas.

A Escola de Vilapercide acolle esta actividade, que se desenvolverá en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

A inscrición pódese formalizar xa nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982.135.011. 

O obxectivo deste curso de defensa persoal feminina é “procurar que as mulleres do concello de Trabada aprendan técnicas de autoprotección e protocolos básicos para mellorar a seguridade”.

 

Etiquetas:
22/02/2023

A Concellaría de Igualdade organiza un obradoiro de biodanza. Denomínase Movéndonos cara o botrato e terá lugar os días 18 de marzo, 1, 15 e 29 de abril na Casa do Viejo Pancho en horario de 11 a 13:30 do mediodía. 

A actividade será dinamizada pola psicóloga e facilitadora autorizada de Biodanza SRT, Mari Fidalgo. A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro traballa a relación entre o bo trato e a saúde, incidindo na importancia das prácticas de autocoidado e na conexión co corpo e as emocións para o benestar e a autonomía”. 

A edil ribadense dixo que “a proposta principal deste taller de biodanza para mulleres é estimular a nosa autoestima nutríndonos de vivencias de vitalidade, creatividade e afectividade, fortalencendo a saúde integral desde a naturalidade”.

... leer más
Etiquetas:
16/12/2022

A Casa da Cultura de Burela acolle este domingo, día 18 de decembro, ás 18h, a estrea do documental Si ka badu, ka ta biradu (Se non marchas, non podes volver), nunha proxección con coloquio posterior que contará coa participación do equipo do filme e mais das súas protagonistas. O acceso será libre, grazas á colaboración do Concello de Burela, que cedeu o espazo gratuitamente.

O documental, que parte dunha investigación desenvolvida polo Equipo de Investigación Sociedades en Movemento (ESOMI) da UDC, retrata a importancia que ten o traballo das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias, na localidade galega de Burela e na illa caboverdiana de Santiago. Vémolas cociñar, limpar, atender maiores e crianzas tanto nas súas localidades de orixe como na sociedade de destino, a galega, e comprendemos o impacto que ten...

leer más
Etiquetas:
31/10/2022

O curso está programado para o sábado 3 de decembro na Aula Omix da Casa da Cultura de Alfoz. En horario de 10:00h a 14:00h pola mañá e de 16:00h a 20:00h pola tarde.

Dirixido a mulleres a partir de 16 anos, no caso de menores de idade deberán contar coa autorización asinada pola nai, pai ou titor/a legal. Actividade gratuíta.

As persoas interesadas deberán chamar ao tfno. 982 558 001 (ext. 2) desde o 2 de novembro ata o 1 de decembro para anotarse ou se queren máis información.

Este curso está organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por monitores especializados. 

É a segunda edición que se leva a cabo en Alfoz “e podemos dicir que o ano pasado contamos cun importante número de participantes de toda a Mariña e a valoración foi tan positiva que...

leer más
Etiquetas:
21/10/2022

A Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Burela recupera o próximo venres, 28 de outubro, na Casa da Cultura a obra “Lara Hierro” ás 21 horas, con Clara Ferrao, Constance Hurlé e Esperanza Mara.

Un espectáculo multidisciplinar protagonizado por tres mulleres da xeración millenial, que fora adiado no mes de abril e agora volve programarse con nova data. Soma pon o movemento, Psique a voz e Pneuma a música para falar da fráxil situación do sector cultural e da crise emocional, social e medioambiental que estamos vivindo.

Lara Hierro é unha chamada ao recoñecemento dos sentimentos de frustación, parálise e esgotamento provocados pola pandemia e a precariedade inherente á súa xeración. 

Trátase dun espectáculo de carácter poliédrico dirixido a un público adulto onde as ferramentas a...

leer más
Etiquetas:
19/09/2022

A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro de risoterapia para mulleres. 

A edil Mónica Freire explica que “continuamos organizando actividades que ofrezan ferramentas ás mulleres para fortalecerse. O obxectivo é brindar ás participantes  un espazo onde aprender a utilizar os beneficios da risa reducindo a ansiedade e aumentando a súa enerxía para afrontar as situacións cotiás. O coidado do entusiasmo é un factor crave do empoderamento e queremos fomentalo”. 

A concelleira ribadense sinala que “con esta terapia ancestral traballaremos, entre outras cousas, a autoestima, o estrés e a desinhibición. Aprenderemos a estar máis receptivas e a harmonizar corpo e mente. Parécenos fundamental continuar creando espazos de sororidade para tecer redes de apoio que empuxen a eses cambios que a nosa...

leer más
Etiquetas:
19/07/2022

A Oficina de Turismo de Xove acolle desde este martes e ata finais de agosto a mostra “Mariñas,  marosas e maruxainas”, formada por 16 retratos e outros tantos textos de traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña.

As fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de pescantinas, redeiras, mariscadores, percebeiras, empregadas de conserveiras, taberneiras ou labregas. Da mesma maneira, os textos, de autoría feminina, visibilizan as historias de vida doutras mulleres anónimas.  

A mostra forma parte do proxecto “Amar a mar”, coordinado pola xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e impulsado pola Vicepresidencia da Deputaciónn de Luo polo 50 aniversario do Museo do Mar de San Cibrao,...

leer más
Etiquetas:
24/06/2022

O 29 de xuño terá lugar unha charla sobre a endometriose. Será no salón de actos da Escola de Música de Ribadeo ás 20 horas. Está organizada pola Concellaría de Igualdade, o CIM e a asociación QuerENDO. 

Dende a Concellaría de Igualdade explican: “continuamos coa campaña de difusión e concienciación sobre a endometriose para sensibilizar á sociedade desde unha perspectiva social, integral e de xénero, apoiando o traballo que fan asociacións como QueENDO coas mulleres afectadas”.

E engaden: “o salón de actos da Escola de Música de Ribadeo acollerá ou vindeiro mércores, 29 de xuño, o faladoiro Endometriose, a epidemia oculta, da man de Cristina Fernández Feijoo, presidenta de QuerENDO, a asociación galega sen ánimo de lucro que procura visibilizar a casuística desta enfermidade crónica. O faladoiro explicará, entre...

leer más
Etiquetas:
11/05/2022

A Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao balneario Forus, de Xixón, o vindeiro 29 de maio. Forma parte das actividades de lecer para as mulleres que este departamento retoma despois da pandemia do covid. O Concello costea un autobús con 50 prazas e as asistentes aboarán 18 euros por acceder ao balneario. O prazo de inscrición ábrese mañá, 12 de maio, e rematará o 25. 

A edil Mariluz Álvarez Lastra dixo que “coa chegada da pandemia, os últimos anos,  esta iniciativa non se puido levar a cabo. Con todo, agora recuperamos esta actividade dirixida exclusivamente a mulleres adultas. As interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM: cim@ribadeo.org ou chamando ao telefono 982 120 739. Temos 50 prazas dispoñibles”. 

A concelleira de Igualdade sinalou que “con esta...

leer más