O SLG organiza unha xornada divulgativa de historias de vida en Lourenzá o 22 de novembro

O Sindicato Labrego Galego organiza a actividade denominada “Xornada de historias de vida: 3 vidas, 7 fotos. Mulleres que nos inspiran. Se o podes soñar pódelo crear”. Será o mércores 22 de novembro na Biblioteca Maravilhas, que está na parroquia de Arroxo, no concello de Lourenzá.

Será de 10:30 a 18:30 horas, con comida compartida, e intervirán a educadora ambiental e escritora Inma Soto Iglesias; a dinamizadora comunitaria creadora da Biblioteca Maravilhas, Rosa Espiñeira Pan; e Elia Rodríguez Álvarez, que falará de experiencias arredor da agroecoloxía e da cultura.

Para asistir hai que inscribirse a través do teléfono 606.398.305.