O Concello de A Pontenova organiza un curso de auxiliar de axuda no domicilio

A aula da Casa da Cultura de A Pontenova acollerá un curso de auxiliar de axuda no domicilio, cunha duración de 480 horas. Está organizado polo Concello de A Pontenova e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR).

As persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 24 de xaneiro contactando con Verónica ou Mari Carmen nos teléfonos 617.67.68.79 e 629.37.62.42 respectivamente.