Combates

Etiquetas:
15/03/2018

O sábado 31 de marzo o Pavillón Torques, de Marzán, acollerá a partir das 20 horas oito combates de diferentes modalidades de deportes de contacto na primeira edición do evento denominado Foz Fighters. Á presentación asistiu o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

Os organizadores anunciaron que “haberá catro combates de boxeo, nos que participarán Ion Gherasim, Marcos Reimóndez, Iago Ríos e Borja Rodil, que ademais é o promotor. Tamén haberá tres combates de kickboking, nos que participarán Pablo Amor e Jorge Ferreira ademais dun combate de máxima rivalidade entre Vanessa Ares (loitadora de Foz e promotora) e Lorena de Burela. Ademais poderemos gozar dun combate de K1, con Beni Córdoba”.

Esta xornada está organizada polo club A Veiga Fighters, ao que pertencen os/as loitadores/as, e conta coa colaboración da...

leer más