Foz acollerá o 31 de marzo a primeira edición dun evento dedicado aos deportes de contacto no que haberá oito combates.

O sábado 31 de marzo o Pavillón Torques, de Marzán, acollerá a partir das 20 horas oito combates de diferentes modalidades de deportes de contacto na primeira edición do evento denominado Foz Fighters. Á presentación asistiu o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

Os organizadores anunciaron que “haberá catro combates de boxeo, nos que participarán Ion Gherasim, Marcos Reimóndez, Iago Ríos e Borja Rodil, que ademais é o promotor. Tamén haberá tres combates de kickboking, nos que participarán Pablo Amor e Jorge Ferreira ademais dun combate de máxima rivalidade entre Vanessa Ares (loitadora de Foz e promotora) e Lorena de Burela. Ademais poderemos gozar dun combate de K1, con Beni Córdoba”.

Esta xornada está organizada polo club A Veiga Fighters, ao que pertencen os/as loitadores/as, e conta coa colaboración da Federación Galega de Kickboxing e o Concello de Foz. Ademais teñen achegas de Panadería-Cafetería Pousada, Restaurante San Roque, La Solana Restaurante, Logística Vilmar Foz, Café Bar San Miguel, Café Bar A Rula, A Viela, Living Sport, Lorena Blanco Perruquería, Fisioclínica Lorena Martínez, Administración de Loterías Casa Salas, Pub Luxuria, Inmobiliaria Nós, Restaurante La Posada, Cafetería Garden, Panadería Húcar, Cash Guard Javier Gutiérrez, Sidrería La Barrica, La Bolletería, La Lira, Las 3bes de Vegadeo (BBB), A Taberna, A Tapería, A Dorada, A Cofradía, Adrede Informática, Café Bar Alameda, Alba Vila Centro de Dietética e Nutrición, Confitería Anduriña, Mesón O Antiguo, Bar 78, Osteopatía e Fisioterapia Belén Anes, El Café de Noa, Cafetería Campos, Xoiería Cancio, Casa Jano, Restaurante Dandy, El Caribeño, EO Motor, Fraggle Rock, Pulpería Rente Ao Mar e Galipizza .
 
A venda anticipada de entradas xa está aberta. En Foz pódense adquirir na cafetería Fraggle Rock e na Casa da Xuventude. En Barreiros, en Húcar; e en Vegadeo, nas 3b (BBB). O prezo é de 12 euros na grada e 15 euros a pé de ring. En taquilla o prezo será de 15 euros na grada e 18 euros a pé de ring.