Calidade

07/03/2024

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso de ampliación e seguimento do Sistema Integral de Calidade Turística na Mariña en 2024 abrindo un novo período de solicitudes de adhesión. O prazo de inscrición está aberto ata o 17 de marzo. 

Tras contar na pasada anualidade con 29 servizos turísticos adheridos dos sectores do aloxamento, restauración, guías, oficinas de turismo e museos, a Mancomunidade amplía este ano o acceso a novos sectores, convidando a artesáns, taxis turísticos e empresas de alugueiro de vehículos da Mariña a formar parte deste sistema, que tamén continuará sumando a interesados das categorías xa presentes. 

Trátase dun proxecto abordado ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística,  cofinanciado pola propia Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de...

leer más
21/03/2023

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense inicia o proceso para a súa adhesión ao SICTED - Sistema de Calidad Turística en Destino – e para a súa implantación. Faino ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, cofinanciado pola propia Mancomunidade coa colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, subliña que “o PTS na Mariña Lucense persigue potenciar o turismo en todas as vertentes da sostibilidade: económicas, socioculturais e medio ambientais, e así garantir o desenvolvemento dun modelo sostible e rendible para un destino con visión a longo prazo. O SICTED é unha ferramenta axeitada para colaborar na consecución deste obxectivo, pois permite aglutinar ao conxunto da oferta turística do destino e traballar en beneficio da calidade dos...

leer más
Etiquetas:
25/07/2019

A cadea de restauración Galipizza, que desde xaneiro xa era a única cadea galega de restauración coa distinción “Q” de Calidade Turística, ven de acadar a certificación do selo Galicia Calidade, que certifica a calidade da súa materia prima, dos seus produtos e deseños elaborados en Galicia.

A cadea de restauración Galipizza, con establecementos en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, acadou a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, a súa materia prima ou o seu deseño galego, sexan merecentes dela, despois de contrastala mediante os controis...

leer más
25/01/2019

A firma galega Galipizza obtivo a certificación da marca “Q” do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) na categoría de “Servicios de Restauración”, converténdose así na única cadea de restauración galega que o ostenta, o que supón un impulso no seu proceso de mellora continua para asegurar aos clientes a mellor experiencia turística posible. 

A marca de garantía Q Calidade Turística é unha marca de recoñecido prestixio dirixida á certificación de servizos turísticos. Para obter este galardón Galipizza superou nos últimos meses unhas estritas auditorías que aseguran que a prestación dos seus servizos é garantía de calidade, seguridade e profesionalidade; analizando tódolos aspectos da xestión dos seus establecementos: xestión, aprovisionamento, materias primas, prestación do servizo, instalacións, etc; así como a formación e...

leer más