Aberto o prazo de inscrición no curso de bordado do Concello de Burela, que se celebrará do 15 de setembro ao 15 de maio.

Está aberto o prazo de inscrición do curso de bordado do Concello de Burela.

O curso terá lugar do 15 de setembro ao 15 de maio na Casa da Cultura, poidéndose elixir quenda entre os luns ou os mércores de 17:00 e a 20:00 ou os mércores, xoves ou venres de 10:00 a 13:00.  O prezo de matrícula é de 30 euros. 

As inscricións poderán realizarse só presencialmente, no Concello de 9:00 a 14:00, ata cubrir prazas, sendo imprescindible estar empadroado/a en Burela e traer copia do DNI.