Os días 21 e 28 de xaneiro e 4 e 11 de febreiro seguirá en Alfoz o programa de dinamización das parroquias. Será cun curso de bordado en Adelán.

O Concello está programando actividades para realizar en todas as Antigas Escolas recuperadas como centros socioculturais das parroquias de Alfoz. 

O obxectivo principal é dinamizar estes espazos como punto de encontro e reunión dos veciños e veciñas a través dun amplo abano de actividades: manualidades, formación en primeiros auxilios, seguridade, consumo responsable, medio ambiente,...Dirixidas á poboación adulta non só da parroquia na que se leve a cabo senón de todo o municipio, levaranse a cabo en sesións de 2 horas, en fins de semana para poder compaxinalas cos horarios laborais ou outras actividades que xa se están desenvolvendo coma as deportivas. Serán de balde e en grupos axeitados para garantir o seu éxito, podendo repetirse en caso de haber moita demanda.

O Programa de Dinamización das parroquias iniciouse o pasado mes de decembro na Escola da Pinguela en Lagoa cun obradoiro de creación de centros navideños. 

Os sábados 21 e 28 de xaneiro, ademais do 4 e 11 de febreiro terá lugar na Escola de Nenos de Adelán un Curso de bordado, de 17:00h a 19:00h. 

Máis información e inscricións no teléfono do Concello de Alfoz 982 558 001 (ext. 2 Arantxa). As prazas son limitadas e cubriranse por orde de reserva.

No mes de marzo serán 2 cursos de Primeiros Auxilios, un na Escola de Bacoi e outro na Escola do Pereiro. Anunciarase o día e hora proximamente na web municipal www.concellodealfoz.com.

Deste xeito, iranse realizando distintas propostas: , enxertos de árbores, elaboración de conservas, arranxos florais, cestería, seguridade e contra incendios, poda, informática, xabón,...ao longo de todo o ano.