Móbiles

28/03/2024

A Deputación de Lugo organiza unhas xornadas sobre o uso do teléfono móbil smartphone na Pontenova. Serán os venres 5 e 12 de abril na Casa da Cultura ás 10:30 horas.

É unha actividade incluída no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia.

 

Etiquetas:
17/02/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación de Lugo e enmarcado no Programa Xunt@s de participación cidadá e envellecemento activo, organiza unhas xornadas de uso e manexo dos móbiles intelixentes. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello de Ourol os días 7 e 14 de marzo de 2024 (xoves) de 10:30 a 12:30 horas.

Para anotarse as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.

Etiquetas:
16/03/2022

O Concello de Alfoz organiza para os seus veciños e veciñas cursos gratuítos e en grupos reducidos para aprender a utilizar o móbil. 

Comezarase con cursos de nivel básico e logo de nivel avanzado, todos en 2 sesións de 1 hora e media, o luns e o mércores na Casa da Cultura. Hai 2 horarios para elixir, o primeiro de 17:00h a 18:30h e o segundo de 18:45h a 20:15h. 

As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) ou chamado ao 982 558 001 (ext.3). Para máis información poden chamar ao 982 558 001 (ext.2 Arantxa).

Tamén van facer un curso para manexarse co certificado dixital, as sedes electrónicas, subvencións, etc. dirixido ás Asociacións e Clubs do Concello. Os interesados deben poñerse en contacto no  982 558 001 ext. 2

14/12/2021

Mondoñedo vén de crearunhanova aplicación móbilpara veciños e visitantes. Con “Mondoñedo APP” os usuarios poden manterse informados de todas as novidades (noticias, avisos, eventos) que teñen lugar no Concello, recibindopuntualmente no seu dispositivo unha notificación con cada comunicado. Ademais esta nova canle de información conta cunha completa guía turística dispoñible envarios idiomas (galego, español e inglés), lector de códigos QR, un directorio de locaisde hostalaría, comercios e empresas, e un servizo de comunicación bidireccional ondeosusuarios poden enviar mensaxes ou reportar incidencias.

Difusióndenoticias
Dunxeitomoidoado e intuitivo, “Mondoñedo APP” permite aos usuarios recibir avisosdiarios no seu teléfono móbil sobre as últimas noticias municipais, bandos, normativas,cortesde tráfico, avisos, ofertas deemprego,...

leer más
Etiquetas:
09/05/2018

O Concello de Foz organiza un curso para aprender a usar os teléfonos móbiles smartphone. Será na Casa da Xuventude desde o día 28 deste mes ata o 6 de xuño de 18:00 a 19:30 horas.

A concelleira Mercedes González dá a coñecer un novo curso “para dominar os teléfonos intelixentes. Despois do éxito da pasada edición, e da demanda que había, este ano volvemos a ofertar este curso. Do 28 de maio ao 6 de xuño faremos un obradoiro no que coñecer as posibilidades que nos dan estes teléfonos: aprender o seu uso, instalar aplicacións, sacarlles partido,… E para as persoas que non teñan facilitámoslle un para que poidan aprender desde cero”.

O curso será impartido por Carmen Seco e as prazas son limitadas. A inscrición pode facerse na Casa da Xuventude ou chamando ao teléfono 982.133.037.

 

Etiquetas:
11/01/2018

O 22 de xaneiro en horario de 11:00 A 12:30 horas terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo unha charla informativa a través de vídeo conferencia sobre Telefonía móbil: Facturación e reclamacións. Está organizada polo Instituto Galego de Consumo, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Ribadeo e máis a Aula CeMIT.

Segundo explica Jorge Pereira, axente TIC do Concello de Ribadeo, “nesta charla falaremos dos principais conceptos que debemos manexar e ter en conta na contratación e relación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, roaming, portabilidade, etc. E tamén  analizaremos as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e cómo realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo”.

E engade que “unha vez rematada a exposición dos contidos abrirase unha...

leer más
Etiquetas:
19/05/2017

A aula CeMIT de Foz organiza un curso para aprender a utilizar os teléfonos móbiles smartphone que se desenvolverá do día 30 deste mes ao 6 de xuño. Será impartido por Carmen Seco.

A organización anunciou hoxe que “desde o día 30 de maio ata o 6 de xuño en horario de 18 a 19:30 horas realizaremos un curso para aprender a utilizar os móbiles smartphones na aula CeMIT sita na Casa da Xuventude. O obxectivo é coñecer o smartphone e controlar as súas funcións, sacarlle partido en base ás necesidades de cada persoa. Os participantes poderán traer os seus móbiles e aprender a configuralos, descargar aplicacións, coñecer as medidas de seguridade a seguir,… e poder controlar e gozar da tecnoloxía desde a súa man. Ás persoas que non teñan smartphone e desexen aprender todo isto deixarémoslles un para practicar sen medo. Partiremos do básico, así...

leer más