Ourol acolle xornadas sobre o uso dos smartphones os días 7 e 14 de marzo

O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación de Lugo e enmarcado no Programa Xunt@s de participación cidadá e envellecemento activo, organiza unhas xornadas de uso e manexo dos móbiles intelixentes. Esta actividade terá lugar no Edificio Multiusos do Concello de Ourol os días 7 e 14 de marzo de 2024 (xoves) de 10:30 a 12:30 horas.

Para anotarse as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.48.94.57.