Robótica

Etiquetas:
26/07/2019

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un obradoiro de Robótica que se celebrará o 9 de agosto. Está dirixido a mozos e mozas con idades comprendidas entre 9 e 16 anos. O número de prazas é limitado e o prazo de inscrición será do 29 de xullo ao 5 de agosto. Esta actividade, incluída no programa Tech Kids de Amtega, pretende iniciar os mozos e mozas na programación dun xeito entretido separando ao alumno ou alumna da pantalla e facer que interactúe co mundo real a través dos sensores e dos actuadores dun robot.

A concelleira de Ensino e Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, comentou que “o día 9 de agosto, desde as dez da mañá ata as dúas da tarde, se vai celebrar un obradoiro de robótica dirixido a mozos e mozas entre 9 e 16 anos”. 

A edil ribadense dixo que “este obradoiro se inclúe no programa Tech Kids 2019...

leer más
Etiquetas:
25/09/2018

O Concello colabora na organización dun taller de robótica para nenos e nenas que terá lugar o vindeiro domingo, 30 de setembro, en horario de 17:30 a 19:00 horas na praza da Mariña. A actividade foi proposta pola AMPA do CEIP Vista Alegre, coa que o concelleiro de Educación, José Díaz, se mostra moi contento de colabora. Será realizada pola empresa Robotix. Non fará falta anotarse para participar neste taller gratuíto.

Díaz anunciou que “para el próximo 30 de septiembre, este domingo, está previsto realizar un taller de robótica y programación, enfocado a niños de diferentes edades, de 6 años en adelante. Va a ser un taller gratuito y que tendrá lugar en la praza da Mariña, justo debajo de Capitanía, en la zona de las escaleras. Están invitados todos los niños de los colegios de Burela o que no sean de los colegios de Burela”.

... leer más
Etiquetas:
10/08/2016
Ourol acollerá unha xornada de mecánica e robótica o 13 de agosto na praza do Concello. Está organizada por Ourelo.
 
O grupo Ourelo coa colaboración do Concello de Ourol, e a través do programa Iniciativa Xove, organiza este sábado, 13 de agosto, unha xornada de Mecánica e Robótica.
 
A partir das 16:00 horas na praza do Concello e no edificio multiusos haberá varios stands con diferentes actividades. Terán lugar charlas anticontaminación nas que se tratarán temas como o dieselgate, as emisións dos coches e novos sistemas de anticontaminación. Se abordará ademais o coche de hidróxeno e o seu funcionamento, e levarase a cabo un obradoiro do motor no que se explicarán as partes dun motor diésel e gasolina mediante a construción dunha maqueta. Nesta xornada abordarase ademais a mecánica básica impartíndose obradoiros prácticos para unha condución...
leer más