Ourol acollerá unha xornada de mecánica e robótica o 13 de agosto na praza do Concello. Está organizada por Ourelo.

Ourol acollerá unha xornada de mecánica e robótica o 13 de agosto na praza do Concello. Está organizada por Ourelo.
 
O grupo Ourelo coa colaboración do Concello de Ourol, e a través do programa Iniciativa Xove, organiza este sábado, 13 de agosto, unha xornada de Mecánica e Robótica.
 
A partir das 16:00 horas na praza do Concello e no edificio multiusos haberá varios stands con diferentes actividades. Terán lugar charlas anticontaminación nas que se tratarán temas como o dieselgate, as emisións dos coches e novos sistemas de anticontaminación. Se abordará ademais o coche de hidróxeno e o seu funcionamento, e levarase a cabo un obradoiro do motor no que se explicarán as partes dun motor diésel e gasolina mediante a construción dunha maqueta. Nesta xornada abordarase ademais a mecánica básica impartíndose obradoiros prácticos para unha condución segura e para manter o coche en perfectas condicións.
 
A entrada é libre e gratuíta e en caso de choiva terá lugar no edifico multiusos.