Bixutería

Etiquetas:
07/01/2015
Burela acolle ata o 16 de xaneiro a exposición de bixutería Universo Viary. Estará aberta na Casa da Cultura en horario de 09:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.

 

A Concellería de Cultura de Burela presenta estes días na vila a que será a súa primeira exposición para este novo ano 2015. A mostra leva o título de Universo Viary e corre a cargo da artista Silvia Viary, unha moza burelesa especializada na creación de obxectos de bixutería artesanal. A exposición inaugurouse o pasado venres, 2 de xaneiro, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela, e permanecerá aberta ata o 16 de xaneiro en horario de 09.00 a 13.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes. A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre,  animou aos veciños "a achegarse a visitar esta interesante exposición".

 

07/01/2015
Burela acolle ata o 16 de xaneiro a esposición de bixutería Universo Viary.

A Concellería de Cultura de Burela presenta estes días na vila a que será a súa primeira exposición para este novo ano 2015. A mostra leva o título de Universo Viary e corre a cargo da artista Silvia Viary, unha moza burelesa especializada na creación de obxectos de bixutería artesanal.

A exposición inaugurouse o pasado venres, 2 de xaneiro, na sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela, e permanecerá aberta ata o 16 de xaneiro en horario de 09.00 a 13.00 horas polas mañás e de 17.00 a 20.00 horas polas tardes. A concelleira de Cultura de Burela, Mónica Pedre,  animou aos veciños "a achegarse a visitar esta interesante exposición".