Roteiros

Etiquetas:
27/09/2021

En outubro chega unha nova edición de A Mariña en Ruta, que organiza a Mancomunidade de Concellos para axudar á dinamización da comarca no outono. O obxectivo pasa por atraer escapadas de fin de semana para os galegos e as galegas e para as comunidades autónomas máis próximas. O calendario de rutas para as vindeiras semanas foi presentado este mediodía no Cenima, en Foz. 

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembrou que “o proxecto A Mariña en Ruta, promovido pola Mancomunidade de Concellos, co apoio da Xunta de Galicia para a súa coordinación e execución e da Deputación de Lugo para a promoción en medios, consiste nun programa de rutas e actividades en torno á cultura e á natureza que durante esta edición dotará á Mariña Lucense dunha oferta turística complementaria suxerinte e ao aire libre. O obxectivo é desestacionalizar o...

leer más
Etiquetas:
24/06/2021

A Área de Turismo do Concello de Barreiros organiza para este verán varios roteiros guiados en kaiak pola Ría do Masma con saída dende o embarcadoiro da praia de A Anguieira.

Trátase dunha opción diferente para gozar da tempada estival nunha contorna natural privilexiada, a ría do Masma. Un espazo natural protexido catalogado como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e Zona de Especial Conservación (ZEC).

Actividades coma esta, non só constitúen unha fantástica alternativa para pasar un intre divertido e facer exercicio ao aire libre coa familia e os amigos/as, senón que tamén permiten aprender sobre os valores ambientais da ría, descubrir os seus recunchos e mesmo observar as diferentes especies de aves que teñen aquí o seu hábitat.

Nestas travesías percorrerase o litoral da...

leer más
Etiquetas:
13/06/2021

O Concello de Viveiro retoma a celebración do programa estival de visitas guiadas, que terá lugar desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro. 

O municipio recupera desta forma unha das súas principais actividades turísticas durante os últimos anos, que foi suspendida por precaución durante 2020 e volve con máis percorridos e destinos.

As actividades terán carácter gratuíto e levarán a cabo todos os días da semana. Un dos seus alicientes será a ampla variedade da proposta, que vai desde visitas culturais a roteiros de sendeirismo, pasando por itinerarios panorámicos en múltiples lugares de interese da localidade. 

As visitas transcorrerán integramente en espazos abertos e respectaranse os límites de aforo, e en xeral, o normativa socio-sanitaria vixente. Para participar, é necesaria reserva...

leer más
Etiquetas:
05/05/2021

A delegación na Mariña da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizará roteiros saudables os mércores en Burela. 

Previr o cancro, xestionar o cansazo e gañar en saúde serán os obxectivos dunhas camiñadas que darán comezo o mércores 12 cun roteiro que partirá da Casa  do  Concello e terminará na área recreativa de O Cantiño. Dará comezo ás once da mañá e cubrirá un percorrido de 4,6 quilómetros. 

A iniciativa é gratuíta e pódese obter máis información no teléfono 982 250 809 ou no correo electrónico lugo@aecc.es.

 

Etiquetas:
28/08/2020

Os roteiros de A Mariña en Ruta seguirán nos primeiros días de setembro por Riotorto, Ourol e Viveiro. A iniciativa da Mancomunidade conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo. 

A axente de Desenvolvemento Turístico da Mancomunidade, Tania Hermida, amósase satisfeita pola acollida que están a ter as diferentes rutas organizadas a través do xeodestino durante os meses de agosto e setembro: “no caso das próximas que imos ter, xa podemos adiantar que as prazas para o roteiro de Riotorto está completas, para Ourol quédannos 5 prazas libres e para Viveiro hai 9 dispoñibles neste momento. Iso indica que esta iniciativa está a resultar moi interesante para as persoas que nos visitan este verán”. 

A primeira das rutas en setembro terá lugar o día 1, o vindeiro martes. Será un paseo...

leer más
Etiquetas:
12/08/2020

Foz e Burela serán as seguintes paradas de A Mariña en Ruta, a iniciativa posta en marcha pola Mancomunidade para diversificar a oferta turística do xeodestino. Trátase dunha serie de roteiros que se desenvolven durante os meses de agosto e setembro. 

O obxectivo principal de A Mariña en Ruta ademais de axudar na reactivación da actividade turística, é completar e diversificar a oferta do xeodestino en base ao patrimonio cultural e a natureza, sendo as actividades neste espazos as que motivan principalmente a visita á Mariña Lucense, e mais se cabe nesta época de crise provocada polo Covid 19. E tamén, que os participantes descubran os aspectos menos coñecidos da comarca da man de guías e axentes locais sempre en base aos recursos propios e que poñan en valor a realidade do destino, en consonancia coa filosofía do turismo slow na que se...

leer más
Etiquetas:
31/07/2020

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organiza unha serie de rutas en agosto e setembro para completar e diversificar a oferta do xeodestino ademais de axudar na reactivación da actividade turística. A Mariña en Ruta desenvolverase nunha primeira quenda os días 5, 10 e 12 de agosto. A iniciativa foi presentada este mediodía no Cenima en Foz. 

A Mariña Lucense é un enclave único, cunha ampla e diversa riqueza cultural e natural con 114 quilómetros de costa e 18 áreas protexidas. É o caso da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou a do río Eo, Oscos e Terras de Burón que abarcan varios concellos da nosa comarca. Así como os Monumentos Naturais de As Catedrais e o Souto da Retorta, varias ZEC (Zonas de Especial Conservación), ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves), Humedais de Importancia Internacional RAMSAR, espazos Rede...

leer más