O Concello de Alfoz organiza un curso para aprender a usar o móbil, que se desenvolverá en abril e maio.

O Concello de Alfoz organiza para os seus veciños e veciñas cursos gratuítos e en grupos reducidos para aprender a utilizar o móbil. 

Comezarase con cursos de nivel básico e logo de nivel avanzado, todos en 2 sesións de 1 hora e media, o luns e o mércores na Casa da Cultura. Hai 2 horarios para elixir, o primeiro de 17:00h a 18:30h e o segundo de 18:45h a 20:15h. 

As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello (Oficina de Rexistro) ou chamado ao 982 558 001 (ext.3). Para máis información poden chamar ao 982 558 001 (ext.2 Arantxa).

Tamén van facer un curso para manexarse co certificado dixital, as sedes electrónicas, subvencións, etc. dirixido ás Asociacións e Clubs do Concello. Os interesados deben poñerse en contacto no  982 558 001 ext. 2