A Casa da Cultura de Burela acolle unha exposición de bordado o 1 ao 15 de marzo

A sala de exposicións da Casa de Cultura de Burela acollerá unha mostra dos traballos realizados polas alumnas do curso de bordado do 1 ao 15 de marzo.

O acto inaugural terá lugar ás 18:00 horas deste venres, 1 de marzo, e servirá tamén como homenaxe a dúas mulleres burelás que formaron redes de apoio a través desta arte, anuncia a Delegación de Igualdade do Concello de Burela.

A mostra estará dispoñible para ser visitada ata o día 15 de marzo de luns a venres en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.