Apaga organiza en Ribadeo un curso de corte de xamón que se celebrará en xullo. Será impartido por Jorge Díaz, mellor cortador de España.

APAGA organiza un curso de corte de xamón que será impartido por Jorge Díaz, o mellor cortador de España. As persoas interesadas poden obter máis información en apagaribadeo@gmail.com ou nos teléfonos 639 884 945 e 629 096 711. As prazas son limitadas. 

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “é unha nova iniciativa que se plantexa no tema de hostalería a petición dalgúns profesionais do sector. Aínda non ten data, pero prevemos que posiblemente se faga no mes de xullo. Hai xa unha serie de xente apuntada e tampouco vai ser un grupo moi numeroso, sobre oito persoas, entón está practicamente completo. Esa é unha das iniciativas que se plantexan  para o verán”.

Doural sinalou que “cursos como este de corte de xamón son iniciativas a petición de empresas e particulares. É un campo que non é o noso, pero a nosa idea é servir ao entorno e á sociedade que temos aquí. Podemos facer algunha cousa destas pero moi puntualmente, nós seguiremos movéndonos no campo do automóbil que é o obxectivo da nosa asociación. Pero algunhas veces vémonos obrigados por xente que nos pide que se podemos poñer en marcha este tipo de iniciativas, entón seguiremos respondendo a esas necesidades dentro das nosas posibilidades. Xa nos gustaría poder abordar outras cousas pero neste momento, segundo parece, o tema do corte de xamón é moi demandado e hai moi pouca xente que saiba facer ese traballo e por iso se plantexa”.

O presidente de Apaga engadiu que “tamén vai haber un curso de soldadura mig mag a final de mes. Na primeira quincena de agosto vai haber unha nova iniciativa, que é un campus sobre mecánica do automóbil que é un tema que se está traballando agora nel e vai estar aberto a toda a xente que queira participar. E a finais de agosto teremos o Fórum de Innovación como todos os anos”.