Do 4 ao 8 de xullo terá lugar o XII Curso de Verán que organiza a Escola Municipal de Música de Burela.

O vindeiro luns, 4 de xullo,  dará comezo o XII Curso de Música de Verán, que a Escola Municipal de Música de Burela ofrece de xeito gratuíto. Esta edición do  curso  interdisciplinario de verán, titulado Un concerto de película está inspirada na música de cine e destinado a  todos os nen@s dende 4 anos en adiante, e adultos que queiran participar.

A asistencia ao curso  é gratuíta,  celebrándose os días 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo en horario de 10:30 a 13:00 horas nas instalacións da Escola Municipal de Música, e o día 8 de xullo pola tarde haberá un concerto final no Auditorio Municipal de Burela. Durante o curso realizaranse actividades musicais, construción de instrumentos e fabricación de vestiario, asemade tamén poderán participar doutras actividades musicais organizadas dentro deste curso interdisciplinario de verán 2022. Xunto cos rapaces, os pais que desexen colaborar coa confección de vestiario poderán anotarse no boletín de inscrición.