Curso
Barreiros acollerá a partir desta fin de semana un curso sobre iniciación á apicultura e preparación das colmeas para o inverno, promovido pola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A formación, gratuíta e impartida por persoal da Casa do Mel de Goente, desenvolverase os días 5, 6, 19 e 20 de outubro na escola de Celeiro de Mariñaos, cunha parte teórica e unha parte práctica – nun colmeal da Rexa - na que se abordarán tarefas como a retirado do mel excedente, o control do alimento para a supervivencia ou a colocación de tratamentos. As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661003616.
O curso, que conta coa colaboración do Concello de Barreiros, inclúese nun programa de formación en...
leer másA Área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa Casa do Mel de Goente, impulsa un curso de Formas de manexo da colmea para a loita contra a velutina en Cervo. Esta actividade é gratuíta e xa completou as prazas ofertadas.
A formación teórica terá lugar no Museo do Mar e a parte práctica levarase a cabo en colmeas do concello mariñán.
O curso celébrase esta fin de semana e permite formar a apicultoras e apicultores na loita contra a vespa asiática. Persoal técnico da Casa do Mel de Goente explicará ás persoas asistentes métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica.
O curso forma programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área provincial, co obxectivo de ampliar e actualizar...
leer másEl centro social Blanca Muruais de Saldoira, en A Pontenova, acogerá la celebración de un curso sobre Nutrición y Alimentación Consciente.
Esta actividad se celebrará el viernes 20 de septiembre, de 16:00 a 21:00 horas, y abordará los aspectos nutritivos, saludables y sabrosos de la alimentación.
El curso está organizado por la Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira. Colaboran Xunta de Galicia-Consellería de Política Social e Igualdade, Corresponsables, Gobierno de España-Ministerio de Igualdad, Cruz Roja y AFAMMER.
A área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa un curso de Formas de manexo da colmea para a loita contra a Velutina en Mondoñedo. O IES San Rosendo acollerá esta formación o 23 e 24 de setembro en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 horas) que permite formar a apicultoras e apicultores na loita contra a vespa asiátiva. As persoas interesadas en asistir poden anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661.003.616.
Persoal técnico da Casa do Mel de Goente explicara ás persoas asistentes métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora, con contidos teóricos e unha parte práctica. O curso forma programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área provincial, co obxectivo de ampliar e actualizar os...
leer másA Delegación de Deportes do Concello de Ribadeo organiza, xunto coa Federación Galega de Karate e o Club Karate Shito-Kai de Asturias e Galicia, un Curso de Kumite que se celebrará o 28 de setembro.
A actividade será impartida por Rubén Villaverde Canal, campión de España en catro ocasións en categoría individual e outras tantas por equipos. Rubén Villaverde foi ademais dez veces campión de Asturias, seis veces campión nacional do estilo Gensei ryu, subcampión de Europa Junior 98, terceiro clasificado junior 97 e campión de Europa cadete 95.
O curso desenvolverase no polideportivo de Ribadeo de 11:00 a 13:00 horas.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima aos amantes desta disciplina “a acudir a esta cita o 28 de setembro, que será impartida por todo un experto na materia...
leer más“Co obxectivo de mellorar os servizos á cidadanía e aproveitar ao máximo os recursos dispoñibles”, o Concello de Alfoz anuncia que ofrecerá un curso de natación de forma gratuíta, que comezará o próximo 15 de xullo, e explica que “esta iniciativa está deseñada para proporcionar unha oportunidade de aprendizaxe e lecer tanto aos nenos e nenas como ao público xeral, destacando como unha das principais melloras e novidades deste verán”.
Os nenos e nenas que son usuarias de Ludiverán Alfoz poderán participar no curso de natación de 11:30 horas a 14:00 horas, integrando esta actividade nas súas xornadas de verán. Pola tarde o curso estará dispoñible para o público xeral interesado, que poderá achegarse á piscina municipal de 16:00 a 18:00 horas.
Dende a área de Educación, Igualdade e Participación do Concello de Alfoz...
leer másNo Centro Sociocomunitario de Mondoñedo desenvolverase un curso sobre o uso de caixeiros automáticos de forma fácil e segura. Será o día 16 de maio, xoves, de 11:00 a 12:30 horas.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Mondoñedo explica que é unha actividade “enmarcada no Programa de Educación Financeira. Ten como obxectivo aprender a usar os caixeiros de ABANCA para facer as operacións máis habituais en calquera momento”.
O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Burela vai impartir desde este mes de abril un curso de “Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil”, dentro da programación de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas do plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Este curso permite o obtención do certificado de profesionalidade que acredita o conxunto de competencias profesionais para o desenvolvemento da profesión no ámbito laboral.
Dentro da súa programación contempla un período de prácticas profesionais en empresas. As persoas que participen teñen acceso a un conxunto de axudas e bolsas para a súa realización.
“Trátase dunha actividade de formación para impulsar a empregabilidade e a inserción laboral dos nosos veciños e...
leer másO Concello de Ourol, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, vai organizar un curso sobre "Os traballos de primavera para mellorar a produción nas hortas". Esta actividade vai ter lugar os días 23 e 24 de abril en horario de 16:00 a 20:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.
Neste curso os participantes aprenderán como mellorar diversos aspectos para aumentar a produción nas nosas hortas: limpeza da terra, regadío e utensilios agrícolas, compra de vexetais e a súa colocación na horta, coidado dos cultivos, pragas...
As inscricións pode facerse a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.694.051. O prazo remata o día 19 de abril.
O 24 de abril desenvolverase unha Xornada de Formación en Xeoturismo para anfitrións e xestores de turismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística.
Esta xornada estaba prevista para o pasado 13 de marzo, pero quedou posposta para este mes de abril co obxectivo de que, tralos preparativos que supuxo a Semana Santa, poida participar o maior número de persoas interesadas. Desenvolverase no salón de conferencias, en Burela, en horario de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, lembra que “esta xornada formativa ten como obxectivo primordial a divulgación e posta en valor do patrimonio xeolóxico da Mariña entre os axentes locais implicados no desenvolvemento do turismo no territorio, ben sexan do sector público, como...
leer más