Maratón

28/08/2015
Xa hai 550 inscritos para participar na II Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o vindeiro 12 de setembro.
 
Faltan dúas semanas para que se celebre segunda edición da Media Maratón Ribadeo-As Catedrais e xa son 550 as persoas inscritas para participar. Así o anunciou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez, que anima aos interesados a inscribirse, xa que o prazo para facelo segue aberto. O rexedor destacou a boa acollida da iniciativa e a participación de corredores de diferentes lugares do estado e mesmo do estranxeiro. 
Suárez Barcia dixo que “está indo moi ben o número de inscritos, hai máis de 500, concretamente  550 inscritos. O que nos gusta é que esta carreira comeza a internacionalizarse, ademais de xente de Galicia, loxicamente, e de Asturias tamén, hai xente de Madrid, de Segovia, do País Vasco, algún de Sevilla, e tamén de Irlanda. Inscríbense porque queren vir aquí polo...
leer más
08/07/2015
A II Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 12 de setembro ás seis da tarde. A inscrición ábrese ás doce desta noite.
 
O 12 de setembro celebrarase a II Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. O evento foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Deportes, David Rivas. A inscrición ábrese ás doce desta noite.
O rexedor dixo que “despois desta experiencia tan marabillosa que tivemos o ano pasado na primeira edición desta sorprendente proba deportiva, que se realizou aquí en setembro coa que intentamos conxugar o deporte, o espírito deportivo, o esforzo, pero tamén a reivindicación do noso patrimonio natural, que temos afortunadamente aquí, en Ribadeo, tanto na propia praia das Catedrais en si, algo visitado por centos de miles de persoas de todo o mundo, como tamén nun litoral que escapou ás gadoupas daquela burbulla...
leer más
Etiquetas:
24/03/2015
Maratón de tute no Local Social de Trasbar, en Cervo, o 18 de abril con importantes premios en metálico para as parellas gañadoras.
 
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo, organiza un maratón de tute. Será no local social de Trasbar o vindeiro 18 de abril ás 17:00 horas. O prezo da inscrición é de 35 euros por persoas, cea incluída. As persoas interesadas poden anotarse nos seguintes números de teléfono: 625 081 637 ou 605 158 373 e tamén na dirección de correo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es
Os premios por parellas son os seguintes: a 1ª parella clasificada levará 500 euros máis trofeo; a 2ª obterá 300 euros; a 3ª gañará 200 euros e a 4ª parella clasificada obterá 100 euros. 
No caso da 1ª repesca os gañadores levarán 200 euros e os segundos clasificados obterán 150 euros. E na 2ª repesca a primeira...
leer más